Ligas de Futsal Base “Costa da Morte” : “Vimianzo en benxamíns e Camariñas “A” en alevíns campións falla saber a órde dos participantes no Play-off”.

Aquí tes o que deron de si os encontros da 18ª xornada das Ligas de Futsal Base “Costa da Morte”, así coma de dous encontros que se xogaron que foran adiados un en cada liga.

esta foi a derradeira xornada nas ligas regulares nas que xa sabíamos a semana pasada que o EMF Camariñas “A” de alevíns, era co campión e polo tanto xa tiña o pase a intercomarcal, faltaba saber quen sería o campión nos benxamíns e foi o EMF Vimianzo, que tamén pasa a intercomarcal. Agora ainda que se xogou a derradeira xornada quedan encontros pendentes pero que só afectaran na posición de algúns equipos, pero si sabemos fixo quenes estarán nos Play-off.

Nos benxamíns xogaránse un posto nas intercomarcais o FSF Villa de Cee, EF Fisterra, Manuela Rial e EMF Camariñas. No que s refire aos alevíns os equipos que buscarán estar na intercomarcal serán o EDM Ponteceso, CPR Manuela Rial, FS Villa de Cee e EF Fisterra.

Cando se xoguen os aprazados saberemos como quedan os enfrontamentos. Ainda non o temos confirmado pero todo apunta a que as Intercomarcais teñen moitos visos de que se xoguen en Camariñas e Vimianzo.

.

CLASIFICACIÓNS

 

 

 

-Clasificacións : Fran “Pioto”

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : EFCC Juan Cabrejo