LIGA INFANTIL DA COSTA : MUXÍA CF 2-3 UC CEE : “UN GOL EN FORA DE XOGO DECIDE UN FERMOSO CHOQUE”, (Resultados 16ª Xda e clasificación).

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.

 

Muxía CF 2-3 UC Cee

Un gol en fora de xogo no derradeiro minuto de encontro decideu un fermoso choque xogado de poder a poder antre o Muxía CF e o UC Cee na Liga da Costa de Infantís. Chegou a poñerse 0-2 o equipo ceense con goles de Mauro e Sergio co vento forte do Sur a favor. Trocaron as tornas na segunda metade na que nada máis comezar Ousmane facía o 1-2 e no treito final Martín poñía a igualada. Nunha xogada en banda na que os ceenses aproveitaban que os muxiáns quedaban estáticos tras cometer unha dura falta, o colexiado Christian Sendón daba a lei da ventaxe e Mauro que recibía o balón, adentrábase no área e batía a Brais Dono, no man a man. Un tanto que rompía a igualada e dáballe os 3 puntos os ceenses.

Muxía CF : Brais Dono, Javi, Isma Romaní, Samuel, José Luis, Eloy, Ousmane, Martín, Pablo, Noé e Iker, (11 inicial); Sebastián.Mauro e Santiago. Adestrador : Fabián Goméz.

UC Cee : Adrián, Antón, Roberto, Iago, Carlos, David, Daniel, Mauro, Sergio e Ismael, (11 inicial); Gabriel, Pablo, Iván, Alejandro e Álex. Adestrador : Abraham Álvaro Ríos.

Goles : 0-1, Mauro, (14´); 0-2, Sergio, (40´); 1-2, Ousmane, (41´); 2-2, Martín, (72´); 2-3, Mauro, (79´).

 

 

 

RESULTADOS  16ª XORNADA

SD Fisterra 1-3 CF Dumbría 

Muxía CF 2-3 UC Cee 

UD Cerqueda 15-0 SD Laxe 

SD Coristanco 2-4 SCDR Esteirana 

SD Ponteceso 5-1 Corme CF

SD Sofán 0-6 Outes CF 

CF Porteño 1-10 ED Os Miúdos 

Cabana SD 2-4 Xallas FC 

 

 

CLASIFICACIÓN

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies