LIGA IBERDROLA : REAL MADRID 3-0 DEPORTIVO FEMININO : “O PEOR ENCONTRO DO QUE VAI DE CURSO DAS DEPORTIVISTAS”.

Athenea pugnando por un balón ca ex deportivista Tere Abelleira.

 

Real Madrid 3-0 Deportivo Feminino

Non puido puntuar o equipo feminino deportivista, pero desta vez merecidaente. Se ante Bilbao e Español foron mellores e mereceron gañar e acabaron perdendo por erros puntuais e a pasada xornada ante o Santa Teresa sufriron unha arbitraxe nefasta, obviado a colexiada dous penaltis clarísimos, desta volta os erros no primeiro tempo foron unha lousa que non foron capaces de levantar as rapazas de Manu Sánchez, que o tentar queimar as naves, con 2-0 no marcador dende a media hora de xogo, non reaccionaron, e no derradeiro cuarto de hora tentaron acurtar distancias a desesperada, pero sen claridade en tres cuartos de campo, e acababan levando o terceiro que xa finiquitaba o choque.

Deportivo Feminino : Sullastres, Patri López, Bedoya, Blanco, Villegas, Ainoa, Iris Arnaiz, (Lía, 64´), Athenea, (Gaby García, 77´), Alba, (Eva Dios, 77´), Lady e Helena, (Michelle, 64´).

Goles : 1-0, Jacobsson, (20´); 2-0, Asllani, (28´); 3-0, Asllani, (85´).

 

Destacar que no quecemento o adestrador de porteiras, Fran Martínez sufreu unha lesión de xeollo, segundo nos informaron dende o RC Deportivo.

 

VINDEIRO ENCONTRO

Deportivo Feminino-Sevilla FC

-6ª Xornada

-Domingo 8 de Novembro

-19:00 horas, (18:00 GMT)

-Estadio de Riazor

.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia