Deportivo Feminino 0-0 SD Eibar Femenino
Quería os 3 puntos o Deportivo Feminino e plantexou un encontro na procura deles ante un SD Eibar que viña de duas derrotas consecutivas pero que está 11 puntos por enriba. A primeira metade foi de control e sen ocasións de gol, a excepción dunha moi boa das eibarretxes a saida dun saque de curruncho, na que a meta deportivista Esther Sullastres voou para evitar o gol a bocaxarro. Nada máis que destacar da primeira metade.
Na segunda metade as rapazas de Manu Sánchez sairon a polo encontro, presionando con forza a saida de balón das vascas e con verticalidade, Alba Merino tras asistencia dende a banda de Peke puido facer o primeiro da tarde, pero o seu tiro co interior colocado bateu na base do poste. Posteriormente Andrade de libre direto rozaba o gol e facía lucirse a meta visitante. Gaby tamén gozaba dunha boa ocasión, pouco despois de serlle anulado un gol, nunha contra as visitantes, por fora de xogo moi axustado. Comezaron a fallar as forzas polo eforzo feito pola deportivistas e apareceu o equipo vasco que aocou a meta de Illastres, moi segura nas saidas aos balóns colgados e de balón parado. Grave erro da colexiada no desconto que se “tragaba” un craro penalti a favor das visitantes, que podía representar a vitoria ao seu favor.
O final reparto de puntos, e 4 dos derradeiros 6 para as branquiazuis, que deixan de ser colistas e suman o segundo encontro consecutivo en encaixar, e que o Domingo reciben ao Betis Balompié nun choque direto pola salvación, que as podería deixar fora dos postos de descenso se se acadase a vitoria.
Deportivo Feminino : Sullastres, Cris, Iris Arnaiz, Villegas, Blanco, Alba Merino, Ainoa, Gaby, Lady, Athenea e Peke. Tamén xogaron : Kika e Michelle.
Goles : 0-0
O Detalle : Antes do inicia foille entregada unha camiseta a Gaby co número 100 na espalda o ser a primeira xogadora na historia do equipo feminino deportivista que alcanza a cifra de 100 encontros oficias ca camisola do equipo. (A montaxe dos 100 encontros é da nosa autoría sobre a foto que pubricou o RC Deportivo).
-Fotos : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia