LIGA FUTSAL DE CEE : “Panadería Pichín derrota o La Fontana e colga e colga o cartel de “Alta Tensión” na loita polo título”.

  Liga de Futsal de Cee

Crónica da 10ª Xornada

A 10ª xornada da Liga de Futsal de Cee deixou goles, sorpresas e unha clasificación que segue moi aberta, especialmente na loita polo título, pendente aínda dos encontros aprazados que se disputarán este mércores 18 de febreiro.

A xornada comezou o luns 9 de febreiro cun claro triunfo do Atlético Raíces, que non tivo piedade do Batifondo, ao que superou por un contundente 10-1, demostrando o seu enorme potencial ofensivo e reafirmándose como un dos equipos máis sólidos do campionato.

No outro encontro do luns, Altamira FS deu un golpe enriba da mesa ao impoñerse por 2-3 ao Wash & Relax, nun partido moi igualado que se decidiu por pequenos detalles e que lle permite aos de Altamira manterse no máis alto da clasificación.

Xa o mércores 11 de febreiro, a xornada completouse con dous partidos de alta intensidade. Nueva María Teresa confirmou o seu bo momento vencendo a Buen Camino por 2-4, nun encontro no que soubo xestionar mellor os tempos do partido. Pola súa banda, Panadería Pichín protagonizou o partido máis espectacular da xornada ao derrotar a La Fontana por 6-8, nun auténtico intercambio de golpes que mantivo a emoción ata o asubío final.


Clasificación e loita polo título

Tras esta xornada, Altamira FS lidera a táboa con 22 puntos, seguido moi de preto por Nueva María Teresa (20) e La Fontana (18). Con todo, a clasificación pode dar un xiro importante xa que este mércores 18 de febreiro xóganse dous encontros aprazados decisivos, os que a insperada derrota do La Fontana, o seu encontro co Nueva María Teresa é crucial para eles e para os mariñeiros, mentres que o lider Altamira ten un encontro, sobre o papel, doado :

20.30 h : Nueva María Teresa-La Fontana

21.20 h : Batifondo- Altamira FS

Dous partidos que poden marcar o rumbo definitivo da loita polo campionato.


Datos destacados

Segundo as táboas actuais:

  • Máximo goleador: Bruno (La Fontana) con 30 goles.

  • Porteiro menos batido: Bruno (Nueva María Teresa), clave no bo momento do seu equipo, con 14 goles encaixados, 3 m3nos ca Campos do Altamira.

  • Deportividade: liderada polo Batifondo, exemplo de xogo limpo pese aos resultados adversos.

.

-Información : Javi “Marroko”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”