LIGA FUTSAL CEE, (3ª Xda) : “o empate do Whas¬ Relax deixa sós na cabeza o A Fontana e Nova María Teresa”.

A Fontana consolídase no liderado nunha xornada con goleadas e emoción

A terceira xornada da Liga de Fútbol Sala Senior de Cee deixou partidos trepidantes, resultados abultados e varios movementos destacados na clasificación. A Fontana e o Nova María Teresa continúan firmes no máis alto da táboa, mentres que o Wash & Relax segue sen perder o ritmo dos líderes nun inicio de competición cheo de intensidade no Pavillón Municipal de Cee.

As goleadas protagonizan o comezo da semana

O luns 10 de novembro arrancou cun auténtico recital ofensivo do Atlético Raíces, que se impuxo por un contundente 10-0 ao Batifondo, nun encontro no que os laranxas amosaron pegada e solvencia para deixar sen opcións ao conxunto rival. Esta vitoria permítelles manterse na zona alta, con 6 puntos e un diferencial goleador positivo que os segue impulsando na clasificación.

No outro duelo da xornada do luns, Altamira FS e Wash & Relax asinaron un intenso 2-2, segue invicto no terceiro posto e perde comba cos líderes cos que estaba empatado a puntos na pasada xornada, mentres que Altamira suma un punto valioso pola moral que da o igualarlle a o que ía colider.

Nova María Teresa e A Fontana manteñen a súa traxectoria ascendente.

O mércores 12 disputáronse os outros dous encontros da xornada. Nova María Teresa reafirmou o seu bo momento cun triunfo claro por 1-9 ante Buen Camino, demostrando eficacia ofensiva e solidez defensiva. Con esta vitoria, o conxunto branco mantense segundo, con 9 puntos e un diferencial goleador de +9.

No peche da xornada, Panadería Pichín non puido frear ao líder. A Fontana, que segue intratable, levou os tres puntos cun convincente 2-5, sumando a súa terceira vitoria consecutiva en 3 xornadas. Co mellor ataque da liga (21 goles a favor) e un dos mellores porteiros do campionato.

Clasificación

  1. A Fontana – 9 puntos

  2. Nova María Teresa – 9 puntos

  3. Wash & Relax FS – 7 puntos

  4. Atlético Raíces – 6 puntos

  5. Altamira FS – 4 puntos

  6. Panadería Pichín – 0 puntos

  7. Batifondo – 0 puntos

  8. Buen Camino – 0 puntos

A Fontana e Nova María Teresa comparten pleno de vitorias, pero o mellor balance goleador dálle momentaneamente o liderado aos rapaces da Fontana.

CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS

Máximo goleador: Bruno destaca cun arranque estelar

O apartado individual deixa tamén nomes propios. O pichichi provisional é Bruno (A Fontana) con 13 goles, seguido de Mario Ferreiro (Wash & Relax) con 6 e Maikel (Nova María Teresa), e Juan Elvira, (A Fontana), ambos con 5 tantos.

Porteiros menos batidos: Paulo e Jorge marcan diferenzas

A listaxe dos gardamallas amosa a importancia defensiva neste campionato:

  • Bruno, (Nova María teresa), con 3 é o lider seguido de Paulo/Jorge (Wash & Relax), así coma Campos, (Altamira FS), todos 6 goles encaixados.

Deportividade: Batifondo encabeza a clasificación limpa

No apartado disciplinario, Batifondo destaca como o equipo máis deportivo ata o momento, (2 cartóns), seguido de A Fontana, (5), Wash & Relax, e Buen Camino, (7).

Conclusión

A terceira xornada deixa unha realidade clara: A Fontana, Nova María Teresa, Wash & Relax e Atlético Raíces presentan candidatura seria aos postos altos, mentres que Atlético Raices e Altamira buscan rengancharse. Pola parte baixa, Panadería Pichín, Batifondo e Buen Camino, buscan facer os seus primeiros puntos.

A competición non para e o Pavillón Municipal de Cee prepárase para unha cuarta xornada que promete emoción, goles e moito futsal.

-Foto e clasificación : Javi “Marroko”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”