LIGA FEMININA F7 GRUPO SANTIAGO : TRAZO 0-2 MAZARICOS : “AS MAZARIQUENSES VENCEN E APUNTAN ALTO”.

As mazariquenses afianzan a 7ª praza e a 3 puntos da 4ª cun encontro menos.

 

Trazo CF 0-2 CF Mazaricos

José Ángel Carreira, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Chegamos con moitas baixas como Lúa, María Senra ou Yas, antre outras. Comenzamos o partido moi repregados e saindo as contras con pouco perigo sobre a portería local. Dominou o Trazo a primeira parte e as ocasións tiveronas elas. Nunha xogada de contra antre Iza e Daniela, marca esta última de tiro cruzado. Na segunda metade seguimos bastante sólidos en defensa, e a partires do minuto 55, demos un paso adiante para facernos co balón en campo contrario. Presionamos moi ben e nun saque de curruncho chegaría o segundo materializado por Katia de testarazo inapelable. O partido chegou o fin sen moito máis”.

 

Trazo CF : Tania, Lidia, Estefanía, Clara, Fabiola, Araceli e Antía. Tamén xogaron : Verónica, Noemi, María, Carolina e Ana.

CF Mazaricos : María, Graciela, Inés, Ainara, Tamara, Lucía e Rita. Tamén xogaron : Jenifer, Yolanda, Iza, Daniela, Katia e Fátima.

Goles : 0-1, Daniela, (28´); 0-2, Katia, (53´).

Árbitro : Alberto José Cousillas. Non sacou ningún cartón.

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Foto e Texto : José Ángel López/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies