LIGA FÚTBOL 7 FEMININO
-Grupo : Santiago-
8ª Xornada
Durante a semana colgaremos unha escolma de foso deste encontro.
CF Mazaricos 3-1 EF Lalín
José Ángel Carreira, (Adestrador do CF Mazarivcos Femenino) : “Empezamos moi ben o partido, moi mentalizadas as rapazas de que xogábamos na casa, e que había que ir polo partido, e xogamos con moito ritmo dende o primeiro. A mala sorte púxonos por detrás no marcador. Pero soubemos reaccionar ben facendo un xogo moi vistoso e conseguimos igualar o partido 4 minutos despois. Sempre levando a iniciativa do partido e meténdolle moito ritmo. Aos dous minutos chegou o noso segundo por medio de Graci. Seguimos co control do partido. Elas tiñan algunha ocasión de tiros lonxanos, que detivo moi ben María, que fixo un gran partido, incluso estivo a piques de meter gol dunha portería a outra.
Gran parrido tamén de Yas que meteu o segundo gol na sua conta particular, cara o final do partido, e que valeu para sentenciar o choque. Estivemos moi firmes en defensa e con moitisimo máis ritmo co rival, e conseguindo seguir invitos na casa, xa que gañamos o Trazo, empatamos co Praiña e gañamos este”.
FICHA TÉCNICA
GOL DE LIBRE DIRETO
Vídeo de Jorge Villar “Gorrión en exclusiva para piratasdemuxia.es
Nova fichaxe
O equipo mazariquense incorporou esta semana a Daniela, unha xogadora que segundo os técnico, José Ángel Carreira : “Vainos aportar moito en ataque”.
Durante a semana colgaremos unha escolma de foso deste encontro.
-Fotos e vídeo : Jorge Villar “Gorrión”
Texto : José Ángel Carreira/piratasdemuxia.es
Ficha Técnica : RFGF/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.