Sporting Seaia, (azul) saltando o campo.
XUVENÍS DA COSTA
-3ª Xda-
O sorprendente Sporting Seaia segue a comandar a clasificación con man firme. Os da paroquia malpicana son os únicos que suman 3 vitorias nas 3 xornadas disputadas con 18 goles a favor e tan só un par deles en contra. Deses 18 goles, 8 son de Luis Manuel Ferreiro, un deles de penalti. O goleador malpicán encabeza ademáis a táboa de “Pichichis”. Por detrás dos seaieses sitúase o SD Soneira a dous puntos tras golear na pasada xornada ao ED Os Miúdos, (6-1) que ao igual ca o Corme CF está a sufrir, (ou iso parece) o troco xeracional na plantilla, e ambos pasaron de ser os equipos a batir nos derradeiros anos a ainda non sumar nen un só punto, unha tesitura que sufren xunto con eles o UC Cee, SD Coristanco e FC Camariñas. Tralo SD Soneira ata 6 equipos con 6 puntos, a 3 dos seaieses e a 1 dos vimienceses. Ben e certo que de gañar o Outes CF o encontro suspendido ante o SCD Malpica, ou os da Serra poderían igualar na cabeza da táboa co lider, ou os malpicáns igualar co segundo, ou en caso de empate ser os outeses os que empatarían cos vimienceses no segundo chanzo. Destacar nesta xornada a primeira vitoria do SD Ponteceso, que derrotaba ao SD Coristanco por 1-2 e sumaba os seus primeiros 3 puntos.
-Resultados 3ª Xda-
Coristanco 1-2 Ponteceso
Goles : 0-1, Eloy, (2´); 0-2, Rubén, (36´); 1-2, Camafreita, (48´)
Soneira 6-1 Os Miúdos
Goles : 0-1, Alejandro, (49´); 1-1, Brais, (60´); 2-1, Fran-Chute, (68´); 3-1, Fran-Chute, (71´); 4-1, Nicolás, (75´); 5-1, Brais, (86´); 6-1, Brais, (desconto).
Outes – Malpica
-Suspendido-
Zas 6-1 Cee
Goles : 1-0, Antonio, (5´); 2-0, Antonio, (7´); 3-0, Martín, (20´); 4-0, Brais, (32´); 4-1, Iker, (39´); 5-1, Anibal, (57´); 6-1, Darío, (76´).
Seaia 7-0 Camariñas
Goles : 1-0, Ánxo, (27´); 2-0, Luis Manuel, (37´); 3-0, Hugo, (44´); 4-0, Rubén, (52´); 5-0, Javier, (60´); 6-0, Luis Manuel, (80´); 7-0, Luis Manuel, (Desconto).
Esteirana 1-2 Sofán
Goles : 0-1, Nacho Moreno, (14´); Álvaro, (24´); 1-2, Kevin, (31´).
Xallas 3-2 Corme
Goles : 0-1, Hugo, (2´); Rubén, (20´); 1-2, Hugo, (38´); 2-2, Fabián, (70´); 3-2, Chrístian, (75´ de penalti).
Descansou : Cabana
-HORARIOS 4ª XORNADA-
12/10/2019
Xallas-Ponteceso : 16:00 horas
Miúdos-Coristanco : 16:00
Malpica-Soneira : 16:30
Cee-Outes : 17:00
Camariñas-Zas : 18:15
Sofán-Seaia : 18:15
Corme-Cabana : 17:00
CLASIFICACIÓN
1º-Seaia : 9
2º-Soneira : 7
3º-Xallas : 6
4º-Esteirana : 6
5º-Cabana : 6
7º-Outes : 6
8º-Sofán : 6
9º-Ponteceso : 4
10º-Malpica : 3
11º-Corme : 0
12º-Miúdos : 0
13º-Cee : 0
14-Coristanco : 0
15º-Camariñas : 0
PICHICHI
1º-Luis Manuel Ferreiro, (Sporting Seaia) : 8 goles, (1 de penalti)
2º-Álvaro Farinós, (SCDR Esteirana) : 6
3º-Fran-Chute, (SD Soneira) : 5
4º-Nacho Moreno, (SD Sofán) : 5
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.