O Xallas ten no Ponteceso o seu rival máis complicado.
Na Liga da Costa Xuvenil, (1ª Galicia Xuvenil A Costa), ainda que o Xallas FC vai lider con 67 puntos, 2 máis ca o SD Sofán, os sofanistas podían haber deixado practicamente sentenzado o campionato, pero o empate no Carral, (2-2), deixa as cousas no aire, que o estarían máis se os de Santa Comba houbesen gañado, pois teñen o golaveraxe particular a favor, pero teñen ainda que descansar unha das 3 xornadas que quedan, clave para que os sofanistas collan o primeiro posto, e ademáis do colista os outros rivais que teñen son da parte medio-baixa da táboa, o que lle da aos de Sofán un alto grao de ser os que salgan campións.
Como están as cousas?
Os de Sofán teñen un encontro menos xogado ca os xalleiros, e fallan 3 xornadas para acabar a liga e nesta xornada os da parroquia carballesa visitan a un UD Corcubión que suma 25 derrotas en 25 encontros cunha bagaxe goleadora de 11 goles a favor e 207 en contra, que podería ser un record adverso nesta categoría na costa. Pola sua banda o Xallas recibe ao Soneira SD, 12º clasificado con 25 puntos, e que xogando fora gañou 3, empatou 2 e perdeu 7, pola contra os xalleiros só perderon un encontro en toda a liga e foi na casa ante o Cabana, (1-3).
Que lles queda
Xornada 28ª
Xallas FC-Soneira SD, 18/03 ás 12:00 horas
UD Corcubión-SD Sofán, 18/03 ás 12:00 horas
Xornada 29ª
Xallas FC…Descansa
SD Sofán-Ponteceso SD
Xornada 30ª
UD Corcubión-Xallas FC
CD Baio-SD Sofán
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”