Tan só o Corme CF, SD Ponteceso e SD San Lorenzo foron quen de repetir vitoria nesta segunda xornada da Liga da Costa 2019/20, na que non se xogou o Muxía CF-SCD Malpica por mor de celebrarse en Muxía a Romaría da Barca, que move unha cantidade inxente de persoas e que ten un dispositivo de tráfico de saida a carón do Campo da Arliña e con aparcamentos nun dos carrís da estrada. Os malpicáns de gañar estarían co trío de cabeza. O encontro en principio xogarase o 1 de Novembro, “Días de Tódolos Santos”.
O Corme CF ademáis conta cun dos dous máximos goleadores do que vai de competición, o “eterno killer”, Alejo Cambón que suma 4 en dous encontros, con dous dobretes, sendo este derradeiro moi especial ao tratarse de que viña de casarse horas antes. O seu veciño do rival municipal, SD Ponteceso, “Xuco”, tamén suma 4 nos dous encontros xogados. O terceiro na terna de campións nos dous choques xogados é o SD San Lorenzo que ten a Styven como máximo goleador con 2 tantos.
RESULTADOS DA 2ª XORNADA
CORISTANCO 3-2 CABANA
SPORTING ZAS 0-1 SAN LORENZO
CERQUEDA 2-4 CORME
CASTRÍZ 0-1 BAIÑAS
CEE 1-0 BUÑO
PONTECESO 4-1 MUROS
ESTEIRANA 1-1 LIRA
CLASIFICACIÓN
PREVIA 3ªXORNADA
O remate de Setembro comezaremos coma estes anos cas crónicas ca visión dende os dous equipos, sexa por parte dos adestradores coma de xente do clube.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es