LIGA DA COSTA : O ZAS UN CAMPIÓN A “PLATA O PLOMO”.

Non todo é como comeza dirán os afeccionados do Sporting Zas, pois na primeira xornada caían por 4-1 ante o Malpica e quen diría que sería o único encontro que ían a perder en toda a tempada e na segunda xornada, primeiro encontro no San Andrés empataban ante un Sofán B pragado de rapaces, (3-3), para logo encadear 5 vitorias seguidas, un empate ante o Seaia, (1-1), e de novo un empate, desta vez na sua visita o Nantón, (1-1), para chegar a metade da liga como terceiros da clasificación con 33 puntos a 2 do segundo, Sofán, e a 4 do lider incontestable, Malpica que era o equipo máis forte dunha liga que collía tintes de moita igualdade antre os 5 primeiros.

Tres xornadas despois na 19ª o Malpica caía ante o Oza, (0-2), e o Zas que gañaba partido tras partido, collía o liderato e ía facéndose forte namentras que o Malpica voltaba a caer e pasando en duas semanas de primeiro a cuarto e sendo os rivais dos zacenses o Volantes e o Sofán B, un equipo o sofanista que ía a máis e só a fortaleza dos zacenses lles impedía coller o liderato que os de Rubén Forján xa non deixaron ata o final.

Foi clave a xornada 17ª na que o Sporting Zas visitaba ao Sofán B no “Carral”, era a oportunidade dos sofanistas de asaltar o liderato, un encontro a “plata o plomo” como diría Escobar e o final foino pois ese encontro marcou o devir da competición. A vitoria foi para os zacenses por 2-3 o que facía que se levasen os 3 puntos e o golaveraxe individual, cousas que o final foron determinantes, pois os zacenses ata o final empatarían dous encontros seguidos, na 24ª co Oza, (2-2) e na seguinte co Nantón, (1-1), namentras que o Sofán gañaba todos menos un, ante o veciño Oza na 20ª xornada, (3-2), o que supuxo que chegasen o final de liga empatados a 71 puntos pero sendo os de Zas campións polo golaveraxe particular, (3-3 e 2-3), xa que no total gañarían de maneira aplastante os de José Barca con +117 polos +70 dos de Forján.

Foi polo tanto como decimos unha liga gañada a “plata o plomo” e felicitar unha vez máis a ambos equipos, e desexarlle toda a sorte do mundo aos do Play-Off de ascenso.

 

-CLASIFICACIÓN FINAL-

 Sporting Zas : 71 puntos, (Campión)

 SD Sofán B : 71 puntos, (Ascenso direto)

3º SCD Malpica : 65 puntos, (Promoción)

 UD Cerqueda : 55 puntos, (Promoción)

  SD Oza : 53 puntos, (Promoción)

Volantes de Baño FC : 50 puntos, (Promoción)

 Atlético Pereiriña FC : 39 puntos

 Sporting Seaia CF : 36 puntos

 CD Baiñas : 34 puntos

10º CD Nantón : 32 puntos

11º SD Camelle : 27 puntos

12º SCD Buño : 22 puntos

13º CF Muxía B : 14 puntos

14º Inter de Brens : 14 puntos

15º SD Laxe : 9 puntos

 

PLAY OFF DE ASCENSO

-Ida-

18/05/2025

Volantes de Baño FC – SCD Malpica, ás 18:00 horas

SD Oza – UD Cerqueda, ás 18:00 horas

 

-Fotos : Sporting Zas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”