Outes e Monte Louro firmaron táboas no Conchido.
Encontros da 11ª xornada que foran suspendidos
Antre venres 6 de Nadal e o Domingo día 8, xogáronse 4 encontros dos que foron suspendidos polo temporal “Brest” o pasado 24 de Novembro, correspondentes a 11ª xornada. Completarase esta xornada o vindeiro 28 de Nadal, (Día dos Santos Iñocentes), co Corme-Corcubión, e outros 3 xa se xogaron dias atrás.
Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
GOLEADORES
O podio dos goleadores da competición está encabezado por Djiril, (Camariñas FC), con 16 goles, (5 de penalti), seguido por Martín “MC”, (CD Baio), con 9, (2p), e completan o podio, Alberto “Vía”, (Soneira SD), César Lojo, (UD Corcubión), Mario Suárez, (Camariñas FC), e Bryan García, (CF Mazaricos), os catro con 8 dianas cada un.
LIGA DA COSTA
-*Suspendidos da 11ª Xornada-
-24/11/2024-
*Camariñas FC 1-0 SD Coristanco
Corme CF-UD Corcubión, 28/12 ás 16:30 horas
Cabana SD 1-1 CD Baio
*CD Muros 1-0 Soneira SD
*Outes FC 1-1 UD Monte Louro
CF Lira 3-0 UC Cee
*CF Mazaricos 1-1 CF Porteño
Xallas FC 4-1 Ponteceso SD
*Con asterisco os que se xogaron nesta Ponte da Inmaculada.
-CRÓNICAS-
O resultado no “Vicente Carril” mantivo a emoción ata o final.
Camariñas FC 1-0 SD Coristanco
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido no que o resultado foi coroto polas ocasións que tivemos. Non fixemos un fútbol tan vistoso coma outras veces pero tivemos varias ocasións e fomos mellores co rival. No segundo tempo chegounos o gol pero o non matar o encontro sempre se ten esa incertidume de que nunha xogada a balón parado ou de calqueira maneira e crea esa tensión polo resultado ata o final, pero coido que en liñas xerais o Coristanco non nos chegou con ningunha ocasión clara e creo que fomos xustos vencedores“.
Goles : 1-0, Yago, (Djibril 54´de penalti).
CD Muros 1-0 Soneira SD
Goles : 1-0, Flavio, (33´).
Outes FC 1-1 UD Monte Louro
Crónica de Samuel Freixo no FaceBook do UD Monte Louro : “Partido moi emocionante o disputado no Cunchido. Na primeira metade impuxemonos en canto a xogo e empuxe e dispuxemos de varias ocasións. O gol noso foi un gran remate de cabeza de Samuel que o meteu o angulo contrario e antes de finalizar a primeira metade dispuxemos de un par de ocasións máis.
Goles : 0-1, Samuel, (41´); 1-1, Álvaro, (64´).
Incidencias : O colexiado Daniel Rodríguez, expulsou con vermello direto ao xogador do Louro, Abel, no 88´.
CF Mazaricos 1-1 CF Porteño
Pirucho, (Adestrador do CF Porteño) : “Na primeira metade non estivemos moi ben, é un campo verdadeiramente complicado. Eles estiveron mellor, foron superiores. Nos tivemos un par de ocasións cunha falta lanzada por Mayor e unha de Carrabete, pero non estivemos nada cómodos. Na segunda metade fixemos un par de cambios e si que fomos nós mellores. Empatamos cunha falta que peiteou Darío e rematou Brais, e o propio Brais tivo outra que lle parou o porteiro, unha de Darío, unha de Alan que se lle foi alto, unha de Darío que salvaron baixo paus e o final unha de Ibra que él só contra o porteiro rematou como se soe decir 2o moneco. Unha parte para cada un, campo moi difícil que eles teñen moi controlado, unha praza xodida para torear, e un puntiño máis para seguir sumando”.
Goles : 1-0, Bryan, (34´); 1-1, Brais, (49´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Camariñas CF : 32 puntos
2º Xallas FC : 24 puntos
3º *CD Baio : 24 puntos
4º UD Monte Louro : 24 puntos
5º SD Soneira : 22 puntos
6º CF Porteño : 19 puntos
7º Ponteceso SD : 15 puntos
8º Cabana SD : 14 puntos
9º *Corme CF : 14 puntos
10º Outes FC : 13 puntos
11º CD Muros : 12 puntos
12º CF Lira : 11 puntos
13º SD Coristanco : 11 puntos
14º CF Mazaricos : 11 puntos
15º *UD Corcubión : 11 puntos
16º UC Cee : 5 puntos
* Os que teñen asterisco teñen un encontro menos xogado.
-PREVIA-
-13ª Xornada-
-15/12/2024-
SD Coristanco–UD Corcubión, ás — horas
Camariñas FC-CD Baio, ás 16:30 horas
Corme CF–Soneira SD, ás — horas
Cabana SD-UD Monte Louro, ás — horas
CD Muros–UC Cee, ás 16:30 horas
Outes FC-CF Porteño, ás — horas
CF Lira–Ponteceso SD, ás — horas
Xallas FC-CF Mazaricos, ás — horas
******
AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas. Os horarios postos na previa son oficiosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres da AXENDA PIRATA.
-Foto Camariñas-Coristanco : Dulce Corcu
-Fotos : Edu Olveira
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores