Ezequiel, (esq), facía o gol da vitoria do Cee.
O Soneira lider en solitario tras sumar 3 de 3, sendo o único en acadalo, xa que o Coristanco non pasaba do empate na Ponte do Porto deixando os vimainceses como o rival a batir neste inicio de liga. Aquí tes as nosas crónicas do que aconteceu nos encontros desta 3º tirada da Liga da Costa e na que queda só o Corcubión sen estrear o seu casilleiro de puntos trala vitoria do Cee concretamente sobre os corcubioneses.
LIGA DA COSTA
-3ª Xornada-
-29/09/2024-
Outes FC 0-4 CD Muros
CF Lira 2-2 Cabana SD
CF Mazaricos 2-3 Corme CF
Ponteceso SD 0-3 Camariñas FC
CF Porteño 2-2 SD Coristanco
UC Cee 1-0 UD Corcubión
UD Monte Louro 2-0 CD Baio
Xallas FC 0-1 Soneira SD
O lider Soneira qsigue imparable neste inicio de campaña e derrotaba ao Xallas, (0-1), a un dos favoritos, xunto cos vimainceses, a loitar por todo. Os vimianceses adiantábanse de penalti no ecuador da primeira metade, unha pena máxima na que Alberto “Vía rápida” non erraba ante Iván Couto. Buscou o equipo xalleiro o empate con maior insistencia na segunda metade na que eran expulsados con vermello direto o 1º e 2º adestrador do Xallas, (58´), non moi contentos cas decisións arbitrais. Sumou o lider en solitario a terceira vitoria de 3 xogos.
Sorprendeu o Muros o Outes no Conchido, (0-4), nun choque no que os muradáns foron superiores e íanse o descanso ca vitoria por 0-2 con goles de Manuel, (12´) e Daniel, (29´). A hora de xogo sentenzaban o choque os muradáns cun gol de Xavier, (59´), e xa no treito final, con todo peixe vendido, Javi García poñía a “puntilla”, (86´).
Tivo que remontar o Lira o gol inicial do Cabana, obra de Manuel, (19´). Empataba no 23, de penalti, Juan, (23´), e acadaba a remontada Oli no 75´. Non se veu abaixo o equipo cabanés e Diego Castro conseguía un traballado empate, (88´).
Encontro xogado de poder a poder antre Mazaricos e Corme, (2-3), dous equipos chamados a loitar arriba. Adiantouse cun tanto de Bryan, o equipo mazariquense aos 11 minutos de xogo, pero pronto empataba Borja para os cormeláns, (16´), e antes do descanso Samu Costa conseguía o gol da remontada, (28´). Xa na segunda metade empataba para os amarelos Bryan, co seu segundo da tarde. Non se conformaron os mazariquenses e buscaban o gol da vitoria ante un perigoso Corme, que cun novo gol de Borja conseguía o que sería o definitivo 2-3, (80´).
Gran encontro do Camariñas na sua visita ao Ponteceso, (0-3), que se amosou moito mellor cos pontecesáns en ambas áreas. Djibril a media hora de xogo facía o primeiro dos camariñáns e 4 minutos despois Antelo poñía terra de por medio. Non tivo nada que facer o equipo do Pinguel, xa que aos 4 minutos do reinicio Martín, (49´), mataba o choque.
Siguen cunhas boas prestacións neste inicio de liga tanto o Porteño coma o Coristanco, (2-2), e ofreceron un encontro de alternativas e con moita tensión nos intres finais, dado que o choque puido caer de calquer banda. David aos 5 minutos de xogo adiantaba aos da Ponte do Porto e sería Rodrigo o que igualaba para os coristanqueses, (26´), gol co que se chegaba o descanso. Os goles da segunda metade chegaron dende o punto de penalti. O primeiro era para Rodrigo que batía a Lema no 48 e dez minutos despois era Alfredo o que igulaba o choque, (58´). Sería expulsado con vermello direto o adesrador dos da Ponte no desconto final.
Primeira vitoria e primeiros puntos para o Cee no derbi da ría ante o seu rival histórico, Corcubión, (1-0´). Ambos equipos chegaban sen estrear o seu casilleiro de puntos pero un tanto do fisterrán, Ezequiel, (35´), chegáballe aos ceenses para deixar os corcubioneses unha semana máis con 0 puntos no “faroliño vermello”.
Sigue sen atoparse o Baio neste inicio de liga e caía ante un Monte Louro, (2-0), que foi mellor na primeira metade na que puxo os dous goles, primeiro por medio de Javier, (28´) e despois de Boquete, (34´). Tentárono os baieses na segunda metade pero topáronse cun Monte Louro que soubo manter o resultado para que non chegase ese gol en contra que podía trocar o xogo.
-CLASIFICACIÓN-
-3ª Xornada-
1º SD Soneira : 9 puntos
2º Camariñas CF : 7 puntos
3º SD Coristanco : 7 puntos
4º UD Monte Louro : 6 puntos
5º Corme CF : 6 puntos
6º CF Porteño : 5 puntos
7º CF Lira : 5 puntos
8º CD Muros : 4 puntos
9º CF Mazaricos : 4 puntos
10º UC Cee : 3 puntos
11º Cabana SD : 2 puntos
12º Xallas FC : 2 puntos
13º Outes FC : 2 puntos
14º CD Baio : 1 puntos
15º Ponteceso SD : 1 puntos
16º UD Corcubión : 0 puntos
-PREVIA-
-4ª Xornada-
-06/10/2024-
CD Muro-Xallas FCs
Cabana SD-Outes FC
Corme CF-CF Lira
Camariñas FC-CF Mazaricos
SD Coristanco-Ponteceso SD
UD Corcubión-CF Porteño
CD Baio-UC Cee
Soneira SD-UD Monte Louro
-Fotos eTexto : Xosé Búa “Pirata”