LIGA DA COSTA
-Xornada 7-
Domingo 01/11/2026
Corme CF 0-1 Outes FC
SD Fisterra 1-3 SD Coristanco
UC Cee 0-3 CD Baio
Cabana SD 3-2 Soneira SD
UD Corcubión 4-1 Ponteceso SD
Sofán SD “B” 3-2 SD Oza
SCD Malpica 1-3 SCDR Esteirana
Camariñas FC 1-1 CF Porteño
Clasificación detallada :PREME AQUÍ-
–
CRÓNICAS
–
A oitava xornada da Liga da Costa deixou un importante cambio de escenario na cabeza da clasificación. O CD Baio aproveitou a derrota do SD Fisterra para colocarse como líder en solitario, mentres que o UD Corcubión confirmou a súa gran dinámica cunha goleada que o mete na terceira posición.
A gran sorpresa chegou no Ara Solis, onde o SD Coristanco asaltou o campo do ata agora líder, o SD Fisterra, cun contundente 1-3. Os de Coristanco deron un golpe enriba da mesa e demostraron que poden competir con calquera.
Pola súa banda, o CD Baio non fallou en Cee, onde un veterano Martín MC asinou un triplete no duelo de históricos. Tamén houbo emoción en Cabana, cun triunfo local por 3-2 ante o Soneira nun encontro moi polémico que rematou con catro expulsións no bando vimiancés, (foto de portada deste encontro).
O Corcubión goleou ao Ponteceso, o Sofán SD “B” levou o derbi carballés ante o Oza, o Esteirana sorprendeu en Malpica, o Outes levou os tres puntos de Corme cun gol no treito final e Camariñas e Porteño repartiron puntos nun derbi veciñal que non se resolveu ata o desconto.
CORME CF 0-1 OUTES FC
Un gol de Adrián Caamaño no minuto 86 decidiu un encontro moi trabado, especialmente na segunda metade, no que ningún dos dous equipos conseguía atopar a maneira de superar ao rival. Foi un choque de moita disputa e contacto, con ata seis cartóns, que acabou decantándose do lado dos visitantes cando xa se agardaba polo asubío final.
Goles:0-1, Adrián Caamaño (86′).
SD FISTERRA 1-3 SD CORISTANCO
A gran sorpresa da xornada chegou no Ara Solis. O ata agora líder indiscutible da competición caeu na casa ante un SD Coristanco que asinou un partido moi serio e levou tres puntos de enorme valor.
Yago foi o gran protagonista da primeira metade, adiantando os visitantes no minuto 15 e ampliando a vantaxe no 38. O Fisterra conseguiu recortar distancias antes do descanso cun tanto en propia porta de David Tasende, pero Pape encargouse de poñer terra de por medio no minuto 56 co definitivo 1-3.
Un resultado que cambia a cabeza da clasificación e que confirma que o Coristanco está disposto a dar guerra nesta Liga da Costa.
Goles:0-1, Yago (15′); 0-2, Yago (38′); 1-2, David Tasende (45+1′, en propia porta); 1-3, Pape (56′).
UC CEE 0-3 CD BAIO
Duelo de históricos da Liga da Costa entre dous equipos chamados a loitar por cousas importantes ao remate da tempada. Desta volta, a alegría foi para un CD Baio que saíu de Cee cunha vitoria contundente e que lle permite colocarse como líder en solitario.
O gran protagonista foi o veterano Martín MC, autor dun triplete que acabou decantando o encontro para os baieses. Un triunfo de moito peso para un Baio que está a demostrar unha enorme regularidade neste comezo de competición e colócase lider en solitario ca derrota do Fisterra.
Goles:0-1, Martín MC (33′); 0-2, Martín MC (33′); 0-3, Martín MC (33′).
Soneira SD nas Redondas.
CABANA SD 3-2 SONEIRA SD
Partido de máxima emoción en Cabana, onde os locais conseguiron unha importante vitoria por 3-2 nun encontro que estivo marcado pola polémica arbitral e que acabou moi quente.
Xabier adiantou os cabaneses no minuto 9, pero Lourido igualou para o Soneira no 37. Xa na segunda metade, Caamaño puxo por diante aos vimianceses no 49, aínda que a alegría durou pouco, pois Miguel Blanco estableceu o empate dous minutos despois. Cando o encontro parecía encamiñado a un reparto de puntos, Simón anotou o definitivo 3-2 no minuto 83.
O tramo final estivo marcado polas expulsións. O Soneira acabou con tres xogadores menos, tras os cartóns vermellos a Basti (77′), Richi (80′) e Caamaño (87′), aos que se sumou a expulsión do adestrador, De la Sierra.
Desde o bando vimiancés amosaron o seu enorme enfado coa actuación arbitral, cualificando o encontro como «un atraco» e denunciando que non lles sinalaron un penalti e que lles anularon un gol que consideraban legal, “antre outras cousas”.
Goles:1-0, Xabier (9′); 1-1, Lourido (37′); 1-2, Caamaño (49′); 2-2, Miguel Blanco (51′); 3-2, Simón (83′).
UD CORCUBIÓN 4-1 PONTECESO SD
O UD Corcubión continúa coa súa progresión e xa ocupa a terceira posición da clasificación tras superar con claridade ao Ponteceso por 4-1.
Isidro Trillo, 2º adestrador dos corcunioneses, amosábase moi satisfeito co rendemento do equipo: «Fomos moi superiores en tódolos aspectos. Adiantámonos ao final da primeira metade cun penalti sobre Martín que marca Makaay, e despois na segunda metade fomos un vendaval, tivemos ocasións de tódalas cores. Estamos en boa dinámica e poñémonos terceiros».
Adrián «Makaay» abriu o marcador desde os once metros no minuto 45. Xa na segunda metade, Isaac Vilar e Mammadou ampliaron a vantaxe en apenas cinco minutos. Juan Fuentes fixo o cuarto no 79 e Owen maquillou o resultado para os visitantes no 83.
Tres puntos que confirman o bo momento dos corcubioneses, que xa miran cara arriba.
Goles:1-0, Adrián «Makaay» (45′, de penalti); 2-0, Isaac Vilar (53′); 3-0, Mammadou (58′); 4-0, Juan Fuentes (79′); 4-1, Owen (83′).
SOFÁN SD “B” 3-2 SD OZA
Derbi carballés de moita disputa e emoción no que o filial do Sofán acabou quedando cos tres puntos tras superar ao SD Oza por 3-2.
Adrián Vázquez foi o encargado de abrir diferenzas cun dobrete nos minutos 42 e 44, deixando o encontro moi ben encamiñado para os locais antes do descanso.
Na segunda metade, Nacho Pose reduciu distancias no 54, pero Isma Ramos volveu ampliar a vantaxe no 62. Apenas tres minutos despois, Nacho Pose asinaba o seu segundo tanto e metía de novo ao Oza no encontro. O tramo final foi moi disputado, nun derbi trabado no que Alfonso Caamaño tivo que botar man do peto en sete ocasións, cinco delas na segunda metade.
Goles:1-0, Adrián Vázquez (42′); 2-0, Adrián Vázquez (44′); 2-1, Nacho Pose (54′); 3-1, Isma Ramos (62′); 3-2, Nacho Pose (65′).
SCD MALPICA 1-3 SCDR ESTEIRANA
O Esteirana levou os tres puntos de Malpica cunha vitoria por 1-3 que lle permite respirar na clasificación e sumar un triunfo moi importante a domicilio.
Pablo foi o protagonista dos visitantes na primeira metade, anotando os dous primeiros tantos nos minutos 19 e 43. O Malpica tentou reaccionar na segunda metade e Eloy recortou distancias no 74, pero Brais encargouse de sentenciar o encontro no minuto 83.
Tres puntos de ouro para un Esteirana que precisa coller regularidade e que deu un paso adiante nesta xornada.
Goles: 0-1, Pablo (19′); 0-2, Pablo (43′); 1-2, Eloy (74′); 1-3, Brais (83′).
CAMARIÑAS FC 1-1 CF PORTEÑO
O derbi de rivalidade veciñal entre Camariñas e Porteño acabou en táboas, nun encontro que tivo que agardar ata o tempo engadido para coñecer o seu resultado definitivo.
Dibril adiantou os visitantes no minuto 33. Un gol especial, pois Djibril Diame, ex do Camariñas e un dos máximos goleadores dos camariñáns nas últimas tempadas, chegou esta campaña ao equipo da Ponte do Porto e cumpriu aquilo de que «cuña da mesma madeira…».
Cando todo apuntaba a que os tres puntos viaxarían cara á Ponte do Porto, apareceu Omar no minuto 92 para establecer o definitivo 1-1 e deixar os dous equipos cun punto.
Goles:0-1, Dibril (33′); 1-1, Omar (92′).
–
CLASIFICACIÓN
1º CD Baio: 20
2º SD Fisterra: 17
3º UD Corcubión: 14
4º Camariñas FC: 12
5º Outes FC: 12
6º SD Coristanco: 12
7º Ponteceso SD: 11
8º Sofán SD “B”: 11
9º UC Cee: 11
10º Soneira SD: 10
11º SCD Malpica: 10
12º CF Porteño: 9
13º SD Oza: 9
14º SD Esteirana: 8
15º Cabana SD: 6
16º Corme CF: 5
–
LIGA DA COSTA
-Xornada 8-
Domingo 07/11/2026
CF Porteño – Cabana SD
CD Baio – Camariñas FC
SD Esteirana – SD Oza
SCD Malpica – Corme CF
Soneira SD – UD Corcubión
Ponteceso SD – Sofán SD “B”
Outes FC – SD Fisterra
SD Coristanco – UC Cee
–
-Fotos : Lolita Campaña
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–