LIGA DA COSTA
-Xornada 6-
Domingo 18/10/2026
Outes FC 1-1 SD Esteirana
Corme CF 0-1 CD Baio
UC Cee 0-3 Soneira SD
Camariñas FC 1-1 Ponteceso SD
Cabana SD 3-4 SD Oza
UD Corcubión 2-1 Sofán SD “B”
SD Fisterra 3-1 CF Porteño
SCD Malpica 1-0 SD Coristanco
Clasificación detallada : PREME AQUÍ
.
AVISO : Calquer adestrador, xogador, diretivo, etc, dos clubes que nos queira mandar comentarios dos encontros, fotos ou vídeos pode facelo, nos o que non imos pedirllos a ninguén. O whatsapp 626 72 00 47 está aberto a todo o fútbol e deporte da costa por igual.
CRÓNICAS
.
A sexta xornada da Liga da Costa deixou emoción, goles, expulsións e algún que outro resultado de moito peso na clasificación. A SD Fisterra continúa á fronte da táboa, agora con 16 puntos, despois de superar o CF Porteño por 3-1, mentres que o CD Baio mantén o pulso co líder tras sumar unha importante vitoria pola mínima no campo do Corme CF.
Un dos grandes protagonistas da xornada foi o Soneira SD, que levou os tres puntos do campo da UC Cee cun contundente 0-3. Un triunfo de moito valor para os vimianceses, que se colocan cuartos con 10 puntos e frean un rival directo na zona alta que o teñen agora a un punto. O Baio, pola súa banda, tamén gañou fóra da casa, cun sufrido 0-1 en Corme decidido por Rubén Sánchez para seguir a 3 do lider.
A xornada tamén deixou un derbi de proximidade igualado entre Outes FC e SD Esteirana, que rematou 1-1, e outro empate polo mesmo resultado entre Camariñas FC e Ponteceso SD. Os camariñáns tiveron que xogar en inferioridade desde o minuto 26 pola expulsión de Borja Costa, nun encontro marcado tamén polas numerosas baixas locais.
Un dos partidos máis tolos da tarde disputouse no campo do Cabana SD, onde o SD Oza protagonizou unha gran remontada para gañar por 3-4. Os cabaneses chegaron a ter dous goles de vantaxe en dúas ocasións, pero o Oza non deixou de crer e acabou levando os tres puntos cun tanto de Nacho no minuto 92.
O UD Corcubión tamén fixo valer o factor campo para superar por 2-1 o Sofán SD “B”, mentres que o SCD Malpica sacou adiante un encontro moi trabado ante o SD Coristanco, resolto cun solitario gol de Bamba nada máis comezar a segunda metade.
-AS CRÓNICAS DOS ENCONTROS-
Outes FC 1-1 SD Esteirana
Derbi de proximidade con reparto de puntos nun encontro no que houbo que agardar á segunda metade para ver os goles. Adiantouse a SD Esteirana desde o punto de penalti, pero o Outes FC conseguiu rescatar un empate no treito final. O partido acabou tamén cunha expulsión no tempo engadido.
Goles: 0-1, Brais (51’, de penalti); 1-1, Hugo (79’).
Incidencias: Eloy Lado, xogador do Outes FC, foi expulsado con cartón vermello directo no minuto 93.
Corme CF 0-1 CD Baio
O CD Baio continúa firme na loita polo liderado despois de sumar unha importante vitoria no campo do Corme CF. Un encontro igualado que se decidiu na segunda metade, cando Rubén Sánchez atopou o camiño do gol no minuto 69. Os baieses seguen así invictos e manteñen a súa presión sobre o primeiro clasificado.
Goles: 0-1, Rubén Sánchez (69’).
UC Cee 0-3 Soneira SD
Era un dos encontros máis atractivos da xornada, tanto pola clasificación como polos obxectivos dos dous equipos e a historia que acompaña este enfrontamento. Porén, o Soneira SD resolveu o partido nun inicio fulgurante, marcando tres goles nos primeiros dezasete minutos. Adrián Lema abriu o marcador no minuto 5, Pereira ampliou a vantaxe dous minutos despois e Juan Caamaño puxo o 0-3 no 17. Un triunfo contundente dos vimianceses, que dan un importante salto na táboa e sitúanse na terceira posición.
Goles: 0-1, Adrián Lema (5’); 0-2, Pereira (7’); 0-3, Juan Caamaño (17’).
Camariñas FC 1-1 Ponteceso SD
Reparto de puntos nun encontro complicado para o Camariñas FC, que afrontaba a cita con numerosas baixas, só tres xogadores de recambio no banco e a presenza de varios xuvenís. Saíu mellor o conxunto local, que se adiantou por medio de Saúl no minuto 12, pero o Ponteceso igualou axiña, con Hadrián marcando no 24. Dous minutos despois, os camariñáns quedaron en inferioridade pola expulsión con vermello directo de Borja Costa, unha circunstancia que condicionou o resto do partido. Malia as dificultades, o Camariñas conseguiu sumar un punto.
Goles: 1-0, Saúl (12’); 1-1, Hadrián (24’).
Incidencias: Borja Costa, do Camariñas FC, foi expulsado con cartón vermello directo no minuto 26.
Cabana SD 3-4 SD Oza
Partidazo con remontada incluída no que o SD Oza acabou levando os tres puntos cun gol no tempo engadido. O Cabana chegou a dominar por dous goles de diferenza en dúas ocasións, pero o conxunto visitante nunca se rendeu e foi recortando distancias ata completar a remontada. Aarón, con dous tantos, puxo en vantaxe os locais, pero Leo, Nacho e Ánxo, (que tamén participaron na reacción visitante) mantiveron o Oza con vida ata que Nacho marcou o definitivo 3-4 no minuto 92. Un triunfo de carácter para os visitantes e un duro golpe para o Cabana, que viu escapar os puntos cando xa tiña o encontro moi encamiñado.
Goles: 1-0, Aarón (18’, de penalti); 2-0, Miguel (36’); 2-1, Leo (45’+1); 3-1, Aarón (55’); 3-2, Nacho (67’); 3-3, Ánx(o) (82’); 3-4, Nacho (92’).
UD Corcubión 2-1 Sofán SD “B”
O UD Corcubión fixo valer o factor campo para sumar tres puntos nun partido que tivo emoción ata o final. O filial do Sofán marchou por diante ao descanso grazas ao tanto de Marcos no minuto 44, pero os locais reaccionaron tras a reanudación. Fuentes estableceu o empate no 52 e Fernando culminou a remontada oito minutos máis tarde. Unha vitoria importante para o Corcubión, que se mantén na zona alta da clasificación.
Goles: 0-1, Marcos (44’); 1-1, Fuentes (52’); 2-1, Fernando (60’).
SD Fisterra 3-1 CF Porteño
A SD Fisterra segue marcando o ritmo da competición. O líder tivo que remontar o tanto inicial de Baba, que adiantou o Porteño no minuto 14, no duelo de históricos da liga. José Miguel restableceu a igualdade no 30 e, xa na segunda metade, Alejandro e Rubén completaron a vitoria local. O encontro tornouse moi trabado tras o descanso, con numerosas interrupcións e moita presenza dos cartóns amarelos: dous para o Fisterra e seis para o Porteño. Malia iso, os fisterráns souberon manter a calma e asegurar tres puntos que lles permiten continuar no máis alto da táboa.
Goles: 0-1, Baba (14’); 1-1, José Miguel (30’); 2-1, Alejandro (52’); 3-1, Rubén (82’).
Incidencias: Segunda metade moi trabada, con dous cartóns amarelos para a SD Fisterra e seis para o CF Porteño, (na primeira metade só houbo un e foi para os porteños).
SCD Malpica 1-0 SD Coristanco
O SCD Malpica sumou unha vitoria pola mínima ante o SD Coristanco nun encontro no que un único gol acabou marcando a diferenza. Bamba anotou aos dous minutos da reanudación, no 47, e o tanto foi suficiente para que os malpicáns sumasen tres puntos importantes e se achegasen á zona máis alta da clasificación.
Goles: 1-0, Bamba (47’).
.
CLASIFICACIÓN
1º SD Fisterra : 19 puntos
2º CD Baio : 16 puntos
3º UC Cee : 11 puntos
4º Soneira SD : 10 puntos
5º UD Corcubión : 10 puntos
6º SCD Malpica : 9 puntos
7º Camariñas FC : 8 puntos
8º Ponteceso SD : 8 puntos
9º Outes FC : 8 puntos
10º SD Oza : 8 puntos
11º Sofán SD “B” : 7 puntos
12º SD Coristanco : 6 puntos
13º Corme CF : 5 puntos
14º CF Porteño : 5 puntos
15º SD Esteirana : 4 puntos
16º Cabana SD : 3 puntos
.
LIGA DA COSTA
-Xornada 6-
Domingo 25/10/2026
Outes FC – SCD Malpica
SD Coristanco – Corme CF
CD Baio – SD Fisterra
CF Porteño – UC Cee
Soneira SD – Camariñas FC
Ponteceso SD – Cabana SD
SD Oza – UD Corcubión
SD Esteirana – Sofán SD “B”
.
-Fotos : Lolita Campaña
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–

