Manu Nogueira, (14), fixo o primeiro dos muxiáns.
Muxía CF 2-2 SCD Malpica
Encontro aprazado na 2ª Xornada por coincidir coa Romaría da Barca e que podía poñer os muxiáns co grupo perseguidor do lider SD Ponteceso, ou aos malpicáns engancharse a loita por meterse nese grupo. O empate fai que sigan igual polo que non acabou de satisfacer a ningún. O encontro baixo unha intensa chuvia e moito vento, a pesares de que o “Campo da Arliña” conta co mellor drenaxe do fútbol galego, o vento condicionou o xogo de ambos equipos que marcaron 2 goles cada un co ventoi a favor. O encontro púxose “quente” e complicouselle ao colexiado Carlos Señaris que expulsou ao adestrador dos muxiáns, Diego Lobelos, con dobre cartón amarelo, así coma aos xogadores, Juan e a Brais. Pola banda malpicana expulsou a Kevin e Fuentes.
Óscar Leis, (2º Adestrador do Muxía CF) : “Partido condicionado polo vento que diferenciou claramente en duas partes, a primeira para o Malpica que con un golazo de falta de Aitor adiantouse no marcador, pouco despois unha mala cesión dun xogador noso o porteiro aproveitouna Michi para facer o 0-2. No tramo final da 1.ª parte estivemos mellor e logramos combinar algo máis pero cada balón a nosa área levaba peligro co vento en contra e o Malpica estivo a punto de facer o terceiro. Tralo descanso os papeis invertíronse e dominamos por completo, Manu Nogueira fixo o 1-2 e Tano que debutaba o 2-2, o propio Tano, Isma Pose, Manu Nogueira , Mauro e Edu, rondaron o gol para o Muxía pero non chegaría. Nos minutos finais o Muxía reclamou unhas mans na área”.
Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí.
FICHA TÉCNICA
2ª XORNADA
01/11/2019
Muxía 1-1 Malpica : ,aprazado 2ª Xda
9ª XORNADA
03/11/2019
Castríz-Muxía : ás 17:00 horas
Cerqueda-Cee : ás 17:00 horas
Zas-Ponteceso : ás 17:00 horas
Coristanco-Esteirana : ás 17:00 horas
San Lorenzo-Lira : ás 16:15 horas
Corme-Muros : ás 16:30 horas
Baiñas-Buño : ás 12:00 horas
Cabana-Malpica : ás 17:00 horas
CLASIFICACIÓN
1º-Ponteceso : 19
2º-Corme : 18
3º-San Lorenzo : 15
4º-Muros : 15
5º-Esteirana : 15
6º-Coristanco : 14
7º-Muxía : 13
8º-Malpica : 11
9º-Lira : 10
10º-Cee : 10
11º-Baiñas : 9
12º-Cerqueda : 8
13º-Castríz : 8
14º-Cabana : 7
15º-Zas : 3
16º-Buño : 3
-Fotos e texto portada : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.