LIGA DA COSTA
8ª xornada
Domingo 09/11/2025
UD Corcubión 1-3 UD Monte Louro
Sporting Zas 2-3 Outes FC
CF Corme 0-3 SCD Malpica
CD Muros 0-2 Cabana SD
SD Sofán “B” 1-2 CF Porteño
Soneira SD 1-2 Ponteceso SD
Xallas FC 0-1 CD Baio
SD San Lorenzo 4-2 CF Mazaricos
A oitava xornada da Liga da Costa deixounos emoción e cambios na cabeza da táboa. O encontro estrela da fin de semana disputábase en Santa Comba, onde o Xallas FC, ata o de agora líder, recibía ao CD Baio, terceiro clasificado. O choque respondeu ás expectativas, moi intenso e igualado, decidido por un solitario tanto visitante que valeu tres puntos de ouro.
Co triunfo, o CD Baio situase segundo con 17 puntos, a só un da nova referencia da liga, o SCD Malpica, que non fallou e venceu con claridade (0-3) no Cairo ao CF Corme. O cadro malpicán suma xa seis vitorias en oito encontros e aproveita o tropezo do Xallas para auparse á primeira posición.
A parte alta queda agora moi apertada, con catro equipos nunha marxe de só dous puntos, o que garante máxima emoción nas próximas xornadas.
Tamén seguen na loita o San Lorenzo, que superou por 4-2 ao Mazaricos nun partido cheo de goles en Berdillo, e o Outes FC, que levou o triunfo por 2-3 no seu difícil desprazamento ao campo do Sporting Zas.
Pola zona media, o Ponteceso sumou tres puntos valiosos en Vimianzo ante o Soneira (1-2), mentres que o Porteño fixo o propio no Carral fronte ao Sofán B (1-2). O Monte Louro tamén celebrou fóra da casa ao vencer por 1-3 ao Corcubión, e o Cabana SD logrou unha importante vitoria a domicilio (0-2) en Muros, rompendo así unha xeira negativa.
Clasificación
1º SCD Malpica : 18
2º CD Baio : 17
3º Xallas FC : 16
4º SD San Lorenzo : 16
5º Outes CF : 15
6º Ponteceso SD : 13
7º UD Corcubión : 13
8º CF Porteño : 12
9º UD Monte Louro : 10
10º CF Corme : 10
11º CD Muros : 9
12º SD Sofán “B” : 8
13º Sporting Zas : 7
14º Cabana SD : 7
15º Soneira SD : 6
16º CF Mazaricos : 6
LIGA DA COSTA
9ª xornada
Domingo 16/11/2025
UD Corcubión – Sporting Zas
Outes FC – CF Corme
UD Monte Louro – CF Mazaricos, ás 16:15
SCD Malpica – CD Muros, ás 16:30
CF Porteño – Soneira SD, ás 16:30
CD Baio – SD San Lorenzo, ás 16:30
Cabana SD – SD Sofán “B”, ás 17:00
Ponteceso SD – Xallas FC, ás 18:30
(Os horarios son oficiosos)
-Texto e foto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Malpica : Fin Lema



