LIGA DA COSTA, (8 Xda) : MUXÍA CF 3-2 UD CERQUEDA, (Crónica e resultados)

Gol de Michael que supoñía o 2-1 para o Muxía CF.

 

Muxía CF 3-2 UD Cerqueda

Encontro xogado de poder a poder antre muxiáns e cerquedenses no que se adiantaban os visitantes cun tanto de Crístian aos 10 minutos de encontro nunha xogada moi similar a que supuxo o segundo gol do Málaga fai unha semana en Riazor. Tralo gol os muxiáns apretaron e buscaron a igualada, pero co perigo de que o Cerqueda chegaba tamén con oita facilidade. Eduardo rematando de primeiras no pùnto de penalti un excelente centro dende a banda facía o empate mediada a primeira metade e o “Gran Capitán”, Michael, conseguía o gol da remontada nunha xogada na que primeiro o balón foi o traveseiro e no rexeite o veteranos central muxián remataba de testarazo impecable o fondo das mallas. Acabou a primeira metade sendo superior o conxunto muxián, pero nada máis comezar o segundo tempo, un fallo en cadea en banda dereita acababa en centro o corazón do área e aí estaba Crístian para facer o gol do empate en remate de primeiras impecable. 

Apretou o equipo muxián como fixera na primeira metade e tivo preto o gol nun par de ocasións, unha delas errando baixo paus un remate sinxelo mandándoo por enriba do traveseiro. O Cerqueda tocaba ben e chegaba con perigo pero sería Isma Pose o que faría o 3-2 tras boa xogada por banda esquerda de Manu Nogueira. Apretou tralo gol o equipo cerquedense con posesións longas e bo trato de balón e pideu un penalti no área sobre o goleadoir Crístian, que sí era. Ata o final puido chegar o empate e puidoi chegar o 3-2 pero non se movería o marcador. O máis xusto tería sido un empate.

 

-Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos diste encontro-

 

FICHA TÉCNICA

 

 

A BOA NOVA

Adrián Alcaina disputou máis de media hora de encontro.

 

A volta de Adrián Alcaina, un dos xogadores de mellor calidade técnica da costa, voltaba tras intentalo fai unhas semanas ante o Corme CF. Adrián saltou o terreo de xogo no minuto 60 en sustitución do seu irmán Víctor. Xogaba tras 10 meses de loita tras unha lesión grave de xeonllo e a recaida con problemas de fia unhas semanas.

 

RESULTADOS 8ª XORNADA

27/10/2019

Castríz 0-1 Cabana 

Muxía 3-2 Cerqueda 

Cee 3-3 Zas

Ponteceso 2-1 Coristanco

Esteirana 2-1 San Lorenzo

Lira 0-4 Corme 

Muros 1-2 Baiñas 

Buño 0-4 Malpica

 

CLASIFICACIÓN 

1º-Ponteceso : 19

2º-Corme : 18

3º-San Lorenzo : 15

4º-Muros : 15

5º-Esteirana : 15

6º-Coristanco : 14

7º-Muxía : 12

8º-Malpica : 10

9º-Lira : 10

10º-Cee : 10

11º-Baiñas : 9

12º-Cerqueda : 8

13º-Castríz : 8

14º-Cabana : 7

15º-Zas : 3

16º-Buño : 3

 

-Fotos e texto : Redacción piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies