LIGA DA COSTA, (7ª Xda) : “O Camariñas impón a sua pegada ante o Soneira, (0-3), no encontro adiantado o sábado”.

Soneira SD 0-3 Camariñas FC

Os vimianceses, que chegaban á 7ª xornada como cuartos clasificados e sufriron unha dura derrota ante un rival directo.

O Soneira SD e o Camariñas FC protagonizaron na tarde do sábado, no Irmandiños de Vimianzo, un dos encontros destacados da 7ª xornada da Liga da Costa. Un duelo de máxima esixencia entre dous equipos chamados a pelexar polos postos altos da clasificación e que chegaban con moito en xogo.

O conxunto vimiancés afrontaba a cita desde a cuarta posición, a seis puntos do líder, o Fisterra, que xoga hoxe, coa intención de sumar tres puntos que lle permitisen non perder a estela dos primeiros clasificados. Pola súa banda, o Camariñas chegaba oitavo, a só dous puntos dos locais, polo que unha vitoria permitiríalle superar o seu rival, e non perder comba cos postos de arriba.

O encontro presentábase, polo tanto, como unha auténtica proba de lume para ambos os conxuntos, nunha Liga da Costa que comeza a marcar diferenzas e na que cada punto pode resultar determinante na loita polo ascenso.

Cun gran ambente no campo vimiancés pola entidade e historia dos rivais, o partido mantivo a emoción ata o final a pesares do resultado co que acabou. O equipo camariñán conseguiu abrir o marcador no treito final da primeira metade. No minuto 38, Brandon adiantou o Camariñas, colocando o 0-1 e obrigando os locais a dar un paso adiante para buscar a reacción a volta de vestiarios.

O Soneira precisaba mellorar as súas prestacións para darlle a volta á situación e evitar que un rival directo levase os tres puntos do Irmandiños. A hora de xogo Brandon repetía para os camariñáns co segundo da tarde e segundo da sua conta particular. 

Co partido entrando na súa recta decisiva, e os vimainceses volcados a por un gol que os metese no encontro chegou un penalti que transformaba Brandon completando un “Hat-trick” e o seu sexto gol da tempada. Este tanto caeu coma unha lousa no equipo vimiancés que xa baixou os brazos.

Goles : 0-1 Brandon, (38´); 0-2 Brandon, (60´); 0-3 Brandon, (83´).

Soneira SD: Iker Muiños, Darío Pardiñas, José Manuel “Gusa”, Juan Manuel Caamaño, Javier Oreiro, Alberto “Vía”, Brais Pereira, Javier Lema, Adrián Lema, Mario Leis, e Cristian Lourido.
Suplentes: Brais Dono, Mateo Calzas, Javier Garcí, Ricardo Álvarez, e Gabriel Rodríguez.
Camariñas FC: Pablo Novo, Hugo Gómez, Alejandro Gerpe, Antonio Lista, David Pasantes, Carlos Antelo, Brandon Campaña, Pablo Suárez, Camilo Lema, Saúl Pasantes, e Joseba Rodríguez.
Suplentes: Daniel Omar, Javier Antelo, Víctor Bouzas, e  Martín Tajes.

Árbitro : Bruno Méndez; Amonestou polo Soneira a Javier Oreiro, (19´), Brais Pereira, (52´), Adrián Lema, (78´), Juan Caamaño, (80´) e Gusa, (83´). Polo Camariñas amonestou a Pablo Novo, (40´), Joseba, (50´), Hugo Gómez, (65´), Carlos Antelo, (68´), Pablo Suárez, (80´) e Daniel Omar, (88´).

.

 

LIGA DA COSTA
-Xornada 7-
Sábado 24/10/2026
Soneira SD 0-3 Camariñas FC
Domingo 25/10/2026

Outes FC – SCD Malpica, ás 18:30

SD Coristanco – Corme CF, ás 18:30

CD Baio – SD Fisterra, ás 16:30

CF Porteño – UC Cee, ás 16:00

Ponteceso SD – Cabana SD, ás 16:30

SD Oza – UD Corcubión, ás 17:00

SD Esteirana – Sofán SD “B”, ás 17:00

.

-Fotos : Lolita Campaña

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

–