Gol do empate a uns de Lucas en libre direto.
SD Ponteceso 3-3 Corme CF
Emocionante empate no derbi xogado na mañán deste Domingo atre o SD Ponteceso que chegaba con 12 puntos na cabeza da táboa empatado co San Lorenzo, con mellor golaveraxe e o Corme CF. Chegaron a ir 1-3 os cormeláns pero foron quen os da Vila de Pondal de igualar.
Aquí nos trae Edu Cambón que leva todo sobre o Corme CF no seu FaceBook : “Corme Sangre Azul” a actualidade dos equipos cormeláns :
“O partido comenzou co Ponteceso buscando as espaldas da defensa do Corme e estes a tocar o balón. A consecuencia dun saque de esquina producíuse o primeiro gol dos pontecesáns. Estes seguían atrás buscando os contragolpes, e balóns longos as espaldas da defensa do Corme. Nunha falta o borde do área e sacada por Lucas deu lugar o 1-1. Neses momentos o Corme movía a pelota e chegaba con facilidade a portería do Ponteceso. Nunha desas Alejo vaise do defensa, regatea o porteiro e cando ía a rematar sufreu a falta deste. Expulsión e cartón vermello, no penalti prodúxose o 1-2.
Na segunda metade o que tomou a iniciativa foi o Ponteceso, pero nunha combinación entre Lucas e Toniño marca o Corme o 1-3. Parecía que o partido estaba decidido, pero impuxose o forza a técnica. Un barullo no área do Corme, deu lugar un penalti que dou lugar o 2-3, e cos xogadores do Ponteceso volcados na portería contraria, nun mal entendido antre 3 defensas do Corme e o porteiro, o Ponteceso empata o partido. Para mín a diferenza zntre uns e outros, foi a forza física”.
FICHA TÉCNICA
ENCONTROS PARA O DOMINGO 13/10
Cerqueda-Cabana : 17:00
Castríz-Zas : 19:00
Muxía-Coristanco : 16:30
Cee-San Lorenzo : 17:30
Ponteceso 3-3 Corme : Xogado dende ás 12:00
Esteirana-Baiñas : 17:30
Lira-Malpica : 17:00
-Texto e foto : Edu Cambón
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.