LIGA DA COSTA, (6ª Xda) : MUXÍA CF 2-4 SD CORISTANCO : “O CORISTANCO ´BESTA NEGRA` DOS MUXIÁNS”

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.

 

Muxía CF 2-4 SD Coristanco

Verdadeiramente o SD Coristanco colle o nome de “besta negra” dos muxiáns, pois na tempada do descenso dos coristanqueses os da Vila da Barca cun gran equipo non foron quen de derrotalos, e anos antes tampouco, e desta volta non só se levaron o encontro, senón que foron mellores no cómputo xeral do encontro e no resultado final.

Comezou o equipo muxián adiantándose cun gol en propia porta na primeira xogada do encontro por parte de Rubén que desviaba un envío o área no que o meta coristanqués Rubén García non podía facer nada. Transcurría o primeiro minuto de xogo. Apretou o equipo da “Terra da pataca” e Mario conseguía empatar cando ainda non se cumpriran os primeiros 10 minutos de xogo. Chegaba con moita facilidade o equipo visitante e costáballe moito o equipo muxián, e así nunha perda de balón na banda dereita muxiana, Daniel encaraba a porta, e batía por baixo a Ángel Luis ante a sua saida o borde do área. Puido ser peor se o colexiado Lucas Vicente sinalase un penalti, deses que se se pita non pasa nada, e íanse co 1-2 os equipos a vestiarios.

Saeu o equipo coristanqués a “nadar e gardala roupa” e apretou o Muxía e así conseguía o empate a dous, (2-2), da man de Mario Romaní. Pero se xa estaba a chegar con facilidade o equipo visitante, co equipo local na procura da vitoria, as cousas voltáronse  en contra totalmente, co gol de Jonathan para os de Coristanco, aos que se lles poñía todo de cara e acabando o choque sen sufrir co tanto de Dani Vázquez que finiquitaba o choque, nun Campo da Arliña que amosou o espectacular do seu tepe, extraordinario para xogar o fútbol, co mellor drenaxe de Galicia. Non así a grada que foi malamente ubicada dende a sua construción nos 80 e impide ver fútbol os días de choiva en grande parte dela.

 

FICHA TÉCNICA

RESULTADOS

Muros 4-0 Buño

Cerqueda 3-1 Cabana

Castríz-Zas 

Muxía 2-4 Coristanco

Cee-San Lorenzo 

Ponteceso 3-3 Corme 

Esteirana-Baiñas 

Lira 4-1 Malpica

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies