LIGA DA COSTA
-Xornada 5-
Domingo 11/10/2026
SD Coristanco 0-3 Outes FC
CD Baio 1-0 SCD Malpica
CF Porteño 3-0 Corme CF
Soneira SD 2-5 SD Fisterra
Ponteceso SD – UC Cee, 12/10 ás 18:30
SD Oza 2-1 Camariñas FC
SD Sofán “B” 0-1 Cabana SD
SCDR Esteirana 0-1 UD Corcubión
.
Crónica xeral da xornada
A quinta xornada da Liga da Costa deixou unha loita cada vez máis apertada na zona alta, con Fisterra e Baio compartindo o liderado con 13 puntos. O gran golpe da fin de semana deuno o Fisterra, cun contundente 2-5 no campo do Soneira, nun duelo entre dous equipos chamados a pelexar por todo. Tamén destacou a goleada do Porteño ante o Corme, mentres que o Outes gañou con claridade en Coristanco nun encontro moi trabado. Na zona baixa, o Cabana deu a sorpresa ao vencer no campo do filial do Sofán, o que fai que xa tódolos equipos teñan algún punto na sua conta clasificatoria, e o Corcubión sumou tres puntos importantes en Esteiro, para engancharse o grupo de perseguirores dos líderes. O encontro entre o Ponteceso e o Cee queda para hoxe luns ás 18:30 horas.
SD Coristanco 0-3 Outes FC
O Outes FC levou os tres puntos do campo do Coristanco cunha vitoria por 0-3 nun encontro moi trabado, marcado pola intensidade e polo elevado número de cartóns. O choque deixou ata nove amoestacións, sete delas para o conxunto local. Seis dos cartóns chegaron na segunda metade, na que tamén se completou o triunfo visitante.
O Outes abriu o marcador no tramo final da primeira parte e ampliou a vantaxe tras o descanso, deixando sen resposta un Coristanco que non puido evitar a derrota diante da súa afección.
Goles: 0-1, Hugo, (10´); 0-2, Mario Roo, (45´); 0-3, Adrián, (53´).
CD Baio 1-0 SCD Malpica
O CD Baio continúa firme na zona alta da clasificación tras superar pola mínima a un Malpica que lle puxo as cousas difíciles ata o pitido final. Nun encontro igualado, os baieses souberon aproveitar a súa oportunidade para sumar tres puntos que lles permiten seguir empatados co Fisterra no liderado, ambos con 13 puntos.
Gol: 1-0, Norberto, (47´).
CF Porteño 3-0 Corme CF
O Porteño asinou unha das vitorias máis claras da xornada ao superar o Corme por 3-0. Os locais encarrilaron o encontro cun inicio fulgurante, adiantándose no marcador aos seis minutos e ampliando a vantaxe antes de chegar ao descanso.
O ex do Camariñas, Djibril foi un dos grandes protagonistas do partido ao asinar un dobrete, co que o Porteño pechou unha vitoria convincente que lle permite sumar tres puntos importantes.
Goles: 1-0, Iván Lema, (6´); 2-0, Djibril, (19´); 3-0, Djibril, (42´).
Soneira SD 2-5 SD Fisterra
Era o encontro da xornada para comprobar o nivel de dous equipos que aspiran a loitar por todo, pero o Fisterra deu un golpe enriba da mesa cunha contundente vitoria por 2-5 en Vimianzo. Os visitantes saíron moi fortes e, no primeiro cuarto de hora, xa mandaban por dous goles.
O Soneira recortou diferenzas por medio de Alberto «Vía», pero Isaac Fábregas volveu ampliar a vantaxe antes do descanso. Na segunda metade, o Fisterra sentenciou cun tanto de Mauro e outro de Isaac Fábregas, autor dun dobrete. Adrián Lema maquillou o resultado no tramo final.
Un triunfo de moito valor para o Fisterra, que continúa no máis alto da táboa, empatado a puntos co Baio.
Goles: 0-1, Alejandro, (4´); 0-2, Bruno, (15´); 1-2, Alberto “Vía”, (24´); 1-3, Isaac Fábregas, (28´); 1-4, Mauro, (61´); 1-5, Isaac Fábregas, (64´); 2-5, Adrián Lema, (87´).
SD Oza 2-1 Camariñas FC
O Camariñas regresou sen puntos da súa visita ao campo do Oza nun encontro ao que chegaba condicionado polas numerosas baixas, con varios xuvenís e só tres xogadores de recambio dispoñibles.
Os locais adiantáronse no minuto 37 por medio de Hugo Fraga, pero Saúl conseguiu igualar o marcador antes do descanso. Cando parecía que o choque podía rematar con reparto de puntos, Ánxo anotou o tanto decisivo no minuto 86, deixando sen premio o esforzo dos camariñáns.
Goles: 1-0, Hugo Fraga, (37´); 1-1, Saúl, (43´); 2-1, Ánxo, (86´).
SD Sofán “B” 0-1 Cabana SD
O Cabana deu a sorpresa da xornada ao vencer pola mínima no campo do filial do Sofán. O conxunto cabanés, que chegaba como pechacancelas, conseguiu tres puntos moi importantes nun encontro no que soubo defender a súa vantaxe.
Aarón marcou o único gol do partido no minuto 52. O filial sofanista intentou reaccionar, pero viu como as súas opcións se complicaban aínda máis no minuto 80, cando Diego Rodríguez foi expulsado con vermello directo.
Un triunfo de enorme importancia para o Cabana, que lle permite estrearse cunha vitoria nesta fase da competición e manter a esperanza de saír da zona baixa.
Gol: 0-1, Aarón, (52´).
SCDR Esteirana 0-1 UD Corcubión
A UD Corcubión levou os tres puntos da súa visita ao campo da Esteirana grazas a un solitario tanto de Luis Lojo no minuto 65. Nun encontro igualado e de moita loita, os visitantes conseguiron atopar o camiño do gol na segunda metade e souberon conservar a vantaxe ata o final.
A Esteirana buscou a igualada, pero non conseguiu superar a defensa visitante. O Corcubión suma así unha vitoria importante que lle permite manterse na zona media-alta da clasificación.
Gol: 0-1, Luis Lojo, (65´).
Encontro pendente
Ponteceso SD – UC Cee, este luns 12 de outubro, ás 18:30 horas.
Clasificación
1º SD Fisterra : 13 puntos
2º CD Baio : 13 puntos
3º UC Cee : 8 puntos *
4º Ponteceso SD : 7 puntos *
5º Camariñas FC : 7 puntos
6º Soneira SD : 7 puntos
7º Outes FC : 7 puntos
8º UD Corcubión : 7 puntos
9º SD Sofán “B” : 7 puntos
10º SD Coristanco : 6 puntos
11º SCD Malpica : 6 puntos
12º Corme CF : 5 puntos
13º CF Porteño : 5 puntos
14º SD Oza : 5 puntos
15º SCDR Esteirana : 3 puntos
16º Cabana SD : 3 puntos
* Ponteceso SD e UC Cee teñen pendente o encontro desta xornada, previsto para este luns ás 18:30 horas.
–
LIGA DA COSTA
-Xornada 6-
Domingo 18/10/2026
Outes FC – SD Esteirana
Corme CF – CD Baio
UC Cee – Soneira SD
Camariñas FC – Ponteceso SD
Cabana SD – SD Oza
UD Corcubión – Sofán SD “B”
SD Fisterra – CF Porteño
SCD Malpica – SD Coristanco
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–
