LIGA DA COSTA, (4ª Xda) : “Órdago goleador con 38 goles marcados e só un equipo que non veu porta dos 16”.

LIGA DA COSTA
(Segunda Futgal “A Costa”)
-Xornada 4-
RESULTADOS
Sábado, 3 de outubro de 2026

UC Cee 1-1 SD Oza

Domingo, 4 de outubro de 2026

SD Coristanco 3-1 SCDR Esteirana

Outes FC 0-2 CD Baio

SCD Malpica 2-1 CF Porteño

Corme CF 2-2 Soneira SD

SD Fisterra 6-4 Ponteceso SD

Camariñas FC 2-3 SD Sofán “B”

Cabana SD 2-4 UD Corcubión

–

CRÓNICA DA XORNADA

Xornada moi goleadora a desta cuarta tirada cun total de 38 goles e unha media de 4´75 por encontro, tan só o Outes non veu porta dos 9 choques disputados. SD Fisterra, CD Baio e UC Cee siguen invictos.

UC CEE 1-1 SD OZA

O Cee adiántase pero o Oza rescata un punto

O UC Cee e o SD Oza repartiron os puntos no encontro disputado o sábado, nun partido que non resolveu o seu marcador ata a segunda metade. O Cee conseguiu poñerse por diante no minuto 63, cando Marco Fernández marcou o 1-0. Os visitantes que xa a semana pasada lles fixeran frente a outro dos “cocos”, reaccionaron nos minutos finais e atoparon o empate no 83’, por medio de Hugo Fraga, para establecer o definitivo 1-1.

 SD CORISTANCO 3-1 SCDR ESTEIRANA

O Coristanco impón a súa lei

O SD Coristanco sumou unha nova vitoria tras superar por 3-1 á SCDR Esteirana. Os locais conseguiron impoñerse nun encontro no que marcaron tres goles, dous deles no treito final tras chegar o 85 con empate no marcador, xa que igualara a contenda o esteirán Elías Ruso no 81.

Tres puntos para o Coristanco e derrota para unha Esteirana que non puido sacar nada positivo desta xornada.

 OUTES FC 0-2 CD BAIO

O Baio leva os tres puntos de Outes

O CD Baio conseguiu unha importante vitoria a domicilio ante o Outes FC, ao que derrotou por 0-2.

Os visitantes que se poñáin co 0-2 que sería inamovible con goles de Álvaro Espasandín, (3´) e Rubén Sánchez, (31´),  mantiveron a súa portería a cero durante máis dunha hora.

 SCD MALPICA 2-1 CF PORTEÑO

O Malpica queda cun triunfo apertado

A SCD Malpica sumou os tres puntos ante o CF Porteño nun partido igualado que rematou cun 2-1. O conxunto malpicán conseguiu marcar os 3 minutos de xogo por medio de Fabían, gol que era neutralizado por Baba 4 minutos despois. Aday facía o 2-1 aos 19 minutos de xogo e xa non se movería o marcador a pesares das ocasións de uns e outros e da presión dos da Ponte do Porto que non cesaron na procura do empate.

CORME CF 2-2 SONEIRA SD

Reparto de puntos en Corme

Corme CF e Soneira SD protagonizaron un dos encontros máis igualados da xornada.

O partido rematou cun 2-2, resultado que deixa un punto para cada equipo despois dun duelo no que ambos foron capaces de atopar dúas veces o camiño do gol. Adiantouse o conxunto cormelán cun tanto de Borja xusto a volta de vestiarios na segunda metade. Pasada a  hora de xogo Basti poñía a igualada e Juan de Selia poñía a remontada un minuto despois. Isra facía o da igualada no 75, nun final de encontro bastante trabado e cun longo desconto.

 SD FISTERRA 6-4 PONTECESO SD

Dez goles nun auténtico festival ofensivo

O encontro entre o SD Fisterra e o Ponteceso SD foi, sen dúbida, o máis goleador da xornada.

O Fisterra conseguiu unha espectacular vitoria por 6-4 nun partido no que os dous equipos ofreceron un auténtico festival ofensivo, pero no que sempre mandou o equipo fisterrán que se puxo 3-0 nos primeiros 13 minutos con goles de Dani Martínez, Isaac Fábregas e Diego Estévez. Acurtou no 15 Luca para os da Terra de Pondal pero antes do descanso, Dani Martínez e Diego Estévez poñían o 5-1 no marcador. Nada máis comezar a segunda metade Félix Neira acurtaba para os pontecesáns e a hora de encontro Maikel Mouzo facía o sexto dos fisterráns. Pouco despois Daniel Rodríguez facía o terceiro dos pontecesáns e seu compñeiro Hadrián pechaba a tarde de “tenis” no Arasolis.

Dez goles e tres puntos para o conxunto fisterrán nun dos encontros máis vistosos desta cuarta xornada.

 CAMARIÑAS FC 2-3 SD SOFÁN “B”

O Sofán “B” leva a vitoria por un gol

O SD Sofán “B” conseguiu unha importante vitoria no campo do Camariñas FC, un dos favoritos a todo, nun encontro moi disputado que terminou cun 2-3, e no que os camariñans foron sempre a remolque.

Os visitantes adiantáronse aos 27 minutos de xogo cun tanto de Iraitz, que igualaba Brandon no desconto da primeira metade. A hora de xogo Mateo poñía de novo por diante aos sofanistas e un gol en propia porta de Iván Golán, supoñía unha nova igualada, o propio Iván enmendaba o seu erro no 93 para poñer por diante definitivamente o filial do Sofán.

CABANA SD 2-4 UD CORCUBIÓN

O Corcubión derrota aun Cabana que segue en branco

A UD Corcubión púxose por diante cun tanto de Andrés Vigo antes da media hora de xogo, e pouco despois Luis Lojo, (37´), poñía fenda de por medio e Adrián “MakaaY2, facía o terceiro antes do descanso. O propio “Makaay” anotaba o cuarto para os corcubioneses pasada a hora de xogo ante un Cabana que reaccionou o baixar o pedal os de Ángel López. David Rey, (72´) e Simón Collazo, (88´), maquillaban o resultado no treito final.

–

CLASIFICACIÓN

1º SD Fisterra : 10
2º CD Baio : 10
3º UC Cee : 8
4º Soneira SD : 7
5º Camariñas FC : 7
6º Ponteceso SD : 7
7º SD Sofán “B” : 7
8º SD Coristanco : 6
9º SCD Malpica : 6
10º Corme CF : 5
11º Outes FC : 4
12º UD Corcubión : 4
13º SCDR Esteirana : 3
14º SD Oza : 2
15º CF Porteño : 2
16º Cabana SD : 0

–

-PREVIA-
LIGA DA COSTA
-Xornada 5-
Domingo 11/10/2026

SD Coristanco – Outes FC

CD Baio – SCD Malpica

CF Porteño – Corme CF

Soneira SD – SD Fisterra

Ponteceso SD – UC Cee

SD Oza – Camariñas FC

SD Sofán “B” – Cabana SD

SCDR Esteirana – UD Corcubión

–
-Fotos : Lolita Campaña 
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–