LIGA DA COSTA, (4ª Xda) : “O CD MUROS REMONTA ANTE O CF LIRA, (1-3), PARA LEVARSE OS 3 PUNTOS”.

 

 

LIGA DA COSTA

-4ª XORNADA-

 

Baitir meta do CF Lira.

 

CF LIRA 1-3 CD MUROS

Campo : Lombáns, (Carnota)

Hora : 17:00

O CD Muros acada a sua segunda vitoria da tempada tras remontar o 1-0 ao 19 minutos de Óliver antes do descanso. Saúl empataba aos 24 minutos para que o seu compañeiro Xavier fixese o 1-2 co que se ían os vestiarios. Buscou na segunda metade o equipo “liracho” a igualada pero un gol de Iván os 10 minutos da reanudación dábanlle folgos aos muradáns para aguantar o resultado e levarse os 3 puntos no derbi zonal.

CF Lira : Baitir, Óscar, Eloy, Miguel, Yeray, Óliver, Crístian Caamaño, David, Formoso, José e Raúl. Tamén xogaron : Pape, Manuel, Marcos e Borja.

CD Muros : Xandre, Javier, Daniel, Xoaquín, Iván, Álvaro, Xavier, Saúl, Juan, Iván Fernández e Ramón. Tamén xogaron : José, Miguel, Juan, Bernardo e Daniel. 

Goles : 1-0, Óliver, (19´); 1-1, Saúl, (24´); 1-2, Xavier, (30´); 1-3, Iván, (56´).

Árbitro : Juan Marcos Ríos, (Comité Galego). Amonestou polo CF Lira a Óliver e Marcos e polo CD Muros a : Álvaro, Miguel, Juan, e Javier, ademáis do adestrador Felipe “Cacharro”.

 

RESTO DE ENCONTROS

DOMINGO 29

Zas-Cabana : 18:00

Cerqueda-Coristanco : 17:00

Muxía-Corme : 17:00

Castríz-San Lorenzo : 17:00

Cee-Baiñas : 18:00

Ponteceso-Malpica : 18:00

Esteirana-Buño : 17:30

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies
PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com