LIGA DA COSTA
(Segunda Futgal “A Costa”)
-Xornada 3-
SD Oza 2-2 SD Fisterra
CF Porteño 1-1 Outes FC
Soneira SD 5-2 SCD Malpica
Ponteceso SD 0-0 Corme CF
CD Baio 3-1 SD Coristanco
UD Corcubión 1-1 Camariñas FC
SCDR Esteirana 4-2 Cabana SD
SD Sofán “B” 1-1 UC Cee
–
Ninguén fai pleno dos de arriba empatando todos
A 3ª xornada deixa a Liga da Costa moi apertada na parte alta, con cinco equipos que continúan invictos: SD Fisterra, Ponteceso SD, Camariñas FC, UC Cee e CD Baio. Os cinco suman 7 puntos, froito de dúas vitorias e un empate, polo que ningún equipo conseguiu aínda facer pleno de nove puntos.
O SD Fisterra mantén o liderado grazas ao empate 2-2 no campo do SD Oza, nun partido no que deixou escapar dous puntos pero continúa sen coñecer a derrota. Co mesmo balance aparece o Ponteceso SD, que non puido pasar do 0-0 ante o Corme CF.
Tamén están con 7 puntos Camariñas FC e UC Cee. O Camariñas empatou 1-1 no campo do Corcubión, mentres que o Cee fixo o mesmo ante o Sofán “B”. O CD Baio, pola súa banda, foi un dos grandes beneficiados da xornada ao derrotar por 3-1 ao Coristanco e manterse no grupo de cabeza.
Por detrás, o Soneira SD protagonizou unha das vitorias máis contundentes da xornada, cun 5-2 sobre o Malpica, e sitúase xa con 6 puntos, a só un do grupo de líderes.
Na zona media, Corme, Outes e Sofán “B” quedan con 4 puntos, mentres que Esteirana, Coristanco e Malpica teñen 3.
Un dos datos destacados é que, SD Oza e UD Corcubión conseguiron puntuar por primeira vez esta tempada, os tres mediante empate. O Oza igualou co líder Fisterra, (2-2) e o Corcubión asinou un empate ante o Camariñas, (1-1).
Aínda quedan catro equipos sen coñecer a vitoria: CF Porteño, SD Oza, UD Corcubión e Cabana SD. O Cabana é, ademais, o único equipo que continúa sen puntuar, tras caer 4-2 ante a Esteirana.
A terceira xornada deixa unha parte alta tremendamente igualada e unha zona baixa na que xa comezan a marcarse pequenas diferenzas.
CLASIFICACIÓN
1º SD Fisterra : 7
2º Ponteceso SD : 7
3º Camariñas FC : 7
4º UC Cee : 7
5º CD Baio : 7
6º Soneira SD : 6
7º Corme CF : 4
8º Outes FC : 4
9º SD Sofán “B” : 4
10º SCDR Esteirana : 3
11º SD Coristanco : 3
12º SCD Malpica : 3
13º CF Porteño : 2
14º SD Oza : 1
15º UD Corcubión : 1
16º Cabana SD : 0
LIGA DA COSTA
(Segunda Futgal “A Costa”)
-Xornada 4-
04/10/2026
SD Coristanco – SCDR Esteirana
Outes FC – CD Baio
SCD Malpica – CF Porteño
Corme CF – Soneira SD
SD Fisterra – Ponteceso SD
UC Cee – SD Oza
Camariñas FC – SD Sofán “B”
Cabana SD – UD Corcubión
Previa da 4ª xornada
A 4ª xornada presenta un auténtico partidazo no alto da táboa, co enfrontamento entre SD Fisterra e Ponteceso SD, dous dos cinco equipos que continúan invictos e que chegan empatados a 7 puntos. Será, polo tanto, un duelo directo entre dous dos líderes da competición.
Outro dos partidos interesantes da zona alta será o Corme CF – Soneira SD. Os locais teñen 4 puntos e reciben a un Soneira que chega lanzado tras o seu 5-2 ao Malpica e que está a só un punto do grupo de cabeza.
O Outes FC, tamén con 4 puntos, terá unha visita complicada ao campo dun CD Baio que forma parte do grupo de cinco equipos con 7 puntos e que chega tras gañar ao Coristanco.
Na zona media-baixa, SCD Malpica e CF Porteño enfrontaranse nun partido importante para ambos. O Malpica busca reaccionar despois de dúas derrotas consecutivas, e ademáis recibindo 5 goles en cada encontro, mentres que o Porteño tentará sumar a súa primeira vitoria despois de conseguir o seu segundo punto da tempada ante o Outes, e afastar o mal sabor de boca da xornada anterior na que o Coristanco lles facía 6 goles.
Tamén buscará o seu primeiro triunfo o SD Oza, que visita ao UC Cee. O equipo de Oza chega con 1 punto, conseguido precisamente na pasada xornada fronte ao líder Fisterra, mentres que o Cee mantén a condición de invicto con 7 puntos.
O Camariñas FC – SD Sofán “B” enfrontará a dous equipos separados por tres puntos na clasificación. O Camariñas está no grupo de cabeza con 7 puntos e o Sofán “B” suma 4.
Na parte baixa haberá outro duelo especialmente interesante: Cabana SD – UD Corcubión. O Cabana continúa sen puntuar, mentres que o Corcubión conseguiu na pasada xornada o seu primeiro punto da liga. Será, polo tanto, unha oportunidade para ambos de dar un paso importante na súa situación clasificatoria.
E finalmente, SD Coristanco – SCDR Esteirana enfrontará a dous equipos que están igualados a 3 puntos. O Coristanco chega despois de perder ante o Baio, pero cas boas sensacións do seu primeiro encontro na casa no que lle endosaban un 6-2 aos do Porteño, mentres que a Esteirana conseguiu na pasada xornada a súa primeira vitoria da competición, goleando 4-2 ao Cabana.
A xornada 4, polo tanto, ten como gran foco o Fisterra-Ponteceso, pero con varios duelos directos tanto pola zona alta como pola parte baixa da clasificación.
–
-Foto : Lolita Campaña
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–
