LIGA DA COSTA
27ª Xornada
Domingo 26/04/2026
UD Monte Louro 3-1 CF Corme
CF Porteño 5-2 CF Mazaricos
Ponteceso SD 0-1 CD Baio
Outes FC 4-2 Soneira SD
Cabana SD 0-0 SD San Lorenzo
Sporting Zas 3-2 CD Muros
SCD Malpica 0-2 Xallas FC
UD Corcubión 5-0 SD Sofán ” B”
.
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
.
CRÓNICA XERAL
A Liga da Costa entra na súa recta final cunha xornada que comeza a marcar tendencias claras tanto por arriba como por abaixo. A falta de 3 xornadas (9 puntos), o liderado queda en mans do Xallas en solitario, mentres a loita pola promoción e, sobre todo, pola permanencia, está máis aberta e perigosa ca nunca.
O triunfo do Xallas en Malpica, unido ao empate do San Lorenzo en Cabana, deixa aos de Santa Comba cunha pequena pero valiosa vantaxe. Porteño e Baio non fallan e seguen á loita, empatados a puntos na terceira e cuarta praza, polo que a batalla pola promoción promete ser de infarto ata o final, e parece cousa de 3.
Na zona media, o Outes, con remotas opcións de promoción, dá un golpe remontando ao Soneira e afianzándose na quinta posición, para acabar o máis arriba posible, mentres que Cabana suma un punto de mérito ante un dos candidatos ao título, pero xa non ten opcións de loitar a promoción, tiñan que darse moitos condicionates e o principal gañar todo.
Pero se hai unha guerra aberta é pola salvación. Co panorama da Primeira Futgal G2, onde todo apunta a que haberá arrastres (mínimo 2 e podendo chegar ata 3), a cifra de descensos podería dispararse ata 5 equipos, convertendo cada punto en ouro puro. Neste contexto, vitorias como as do Monte Louro ou, sobre todo, a espectacular remontada do Zas, poden marcar un antes e un despois, xa que non hai nada dito.
O Corcubión saeu reforzado tras golear ao Sofán B e remontalo por golaveraxe nunha tripla de equipos con 34 puntos, no “grupo dos arrastres”, mentres que o Mazaricos queda nunha situación moi delicada pechando a táboa e con remotas opcións de alcanzar os postos de fora de perigo.
Quedan tres finais para todos. Por arriba, un ascenso directo e dúas prazas de promoción en xogo. Por abaixo, unha loita agónica onde medio campionato está implicado.
CRÓNICAS INDIVIDUAIS
UD Monte Louro 3-1 CF Corme
Triunfo vital do Monte Louro nun duelo directo da zona baixa. Os locais puxéronse por diante antes do descanso e ampliaron diferenzas nada máis comezar a segunda metade. O Corme recurtou xa no tramo final, pero Boquete sentenciou no desconto.
Goles: 1-0, Abel Rey, (35´); 2-0, Xián, (47´); 2-1, Aitor, (85´); 3-1, Boquete, (91´).
CF Porteño 5-2 CF Mazaricos
O Porteño non fallou e segue firme na loita por aferrase o posto de promoción nun partido tolo, con alternativas no marcador. O Mazaricos chegou a empatar, pero os locais impuxeron a súa pegada no tramo final.
Goles: 1-0, Alfredo, (4´); 2-0, Pejo, (15´); 2-1, Raúl Bouzas, (31´, p.); 2-2, Fabián, (62´); 3-2, Pejo, (66´); 4-2, Yuyo, (79´); 5-2, Babacar, (94´).
Ponteceso SD 0-1 CD Baio
Encontro tremendamente parado, marcado polas continuas interrupcións e unha choiva de cartóns: ata 16 amosou o colexiado Carlos Señarís. Tres expulsións nos locais (incluídos o adestrador e o seu segundo), condicionaron un choque que decidiu Rubén no tramo final.
Goles: 0-1, Rubén, (78´).
Outes FC 4-2 Soneira SD
Remontada de mérito do Outes, que chegou ao descanso 0-2 abaixo. Na segunda metade reaccionaron con contundencia para darlle a volta ao marcador e consolidarse na zona alta.
Goles: 0-1, Mario, (17´); 0-2, Javier García, (42´); 1-2, Alberto Bahamonde, (50´); 2-2, Sergio, (70´); 3-2, Manel Carou, (83´); 4-2, Sergio, (87´).
Cabana SD 0-0 SD San Lorenzo
Empate sen goles nun partido moi disputado e con ocasións para ambos lados. O Cabana plantou cara e mesmo gozou de maior dominio na primeira metade. O San Lorenzo tivo a opción máis clara cun penalti na segunda, pero marchou fóra.
Sporting Zas 3-2 CD Muros
Rubén Forján (adestrador do Sporting Zas):
“O Zas afrontaba ante o Muros unha das catro finais que lle restaban para tratar de salvar a categoría, nun tramo de liga no que, co paso das xornadas e coa situación da Primeira Futgal, a loita pola permanencia se volve cada vez máis dura e cara para todos os equipos da zona baixa.
O encontro comezou cun Muros máis asentado e cunha marcha máis nos primeiros compases. O Zas non conseguiu atoparse cómodo nin co balón nin sen el durante a primeira metade, e iso notouse no control do partido. Os achegamentos locais chegaron sobre todo a través do balón parado, mentres que o Muros facía máis dano a campo aberto, atopando as transicións e xerando perigo na portería de Pereiras.
Ao redor da media hora, un erro defensivo permitiu ao Muros adiantarse no marcador. O golpe anímico foi importante e, xa na recta final do primeiro tempo, outra contra visitante puxo o 0-2, un resultado que parecía unha lousa para os locais cando se chegaba ao descanso.
Na reanudación, o guión mantívose nos primeiros minutos, co Muros máis cómodo e atopando incluso a posibilidade de ampliar diferenzas cun penalti que podía supoñer o 0-3. Pero Pereiras adiviñou a intención e detivo a pena máxima, unha acción decisiva que cambiou o estado de ánimo do partido e deu folgos ao Zas para crer na remontada.
A partir dese momento, o Sporting empurrou máis con corazón que con fútbol e comezou a acurtar distancias a través do balón parado. Pablo Fuentes recortou cun remate tras un córner para poñer o 1-2 e activar a bancada. Ese gol deu un impulso enorme ao equipo, que seguiu insistindo e atopou o empate pouco despois, de novo noutro córner, nesta ocasión por medio de Urbieta.
Co partido xa ao límite, o Zas culminou a remontada nos compases finais: Iván Caamaño empuxou outro balón procedente dunha acción a balón parado e fixo o 3-2 que desatou a explosión de alegría.
Nos últimos minutos, o Sporting soubo pechar filas e resistir para manter unha vitoria tan sufrida como vital. Tres puntos de ouro nun final de liga que promete ser un auténtico inferno, con moitos equipos implicados e co descenso previsto para estas últimas xornadas cada vez máis caro e competitivo na parte baixa da táboa.”
Goles: 0-1, Jesús, (30´); 0-2, Marcos, (44´); 1-2, Pablo Fuentes, (57´); 2-2, Joel, (77´); 3-2, Iván Caamaño, (84´).
Incidencias: O colexiado Bruno Méndez expulsou con vermello directo ao 2º adestrador do Zas, Alfredo Pereiro, e ao seu delegado Kevin Antelo, ambos no 93´.
SCD Malpica 0-2 Xallas FC
O Xallas deu un paso de xigante cara ao ascenso cun triunfo serio en Malpica. Os locais, coa mente posta na final da Copa da Costa, do vindeiro 24 de maio no Irmandiños de Vimianzo ante o Muxía, pouco puideron facer ante un líder sólido que mesmo puido ampliar a renda.
Goles: 0-1, Crístian Villar, (34´, p.p.); 0-2, Bryan, (64´, p.).
UD Corcubión 5-0 SD Sofán “B”
Isidro Trillo (adestrador do Corcubión):
“Un partido totalmente noso de principio a fin. Marcamos moi pronto o 1-0, Mario dun córner de cabeza; antes xa tivemos dúas moi claras de Luis e Mario sós e tiraron fóra. Aos 30 minutos, Luis de tiro raso fixo o 2-0. Ao descanso, pero se fósemos 4-0 non pasaba nada. Antes de acabar a primeira parte, lesión de César, esperemos que non sexa nada, tivo que saír.
Na segunda, aos dous minutos, xogada moi boa do equipo, entra Martín por banda, dá para atrás e Luis cun zurdazo manda á escuadra. Seguimos creando moito perigo, sobre todo a balón parado, e nesta vez golazo de Isaac nun córner e de volea sen deixala caer marcaría un golazo, sería o 4-0. Dez minutos máis tarde, outra vez a balón parado marcaría Nando de cabeza o 5-0 definitivo. Así acabaría o partido sendo moi superiores. A ver se a lesión de César non é nada, vai cara a Coruña a facerlle probas.”
Goles: 1-0, Mario, (6´); 2-0, Luís Lojo, (30´); 3-0, Luís Lojo, (47´); 4-0, Isaac Vilar, (75´); 5-0, Nando, (88´).
.
CLASIFICACIÓN
1º Xallas FC : 51
2º SD San Lorenzo : 49
3º Porteño CF : 47
4º CD Baio : 47
5º Outes FC : 41
6º Cabana SD : 39
7º SCD Malpica : 38
8º CF Corme : 36
9º Soneira SD : 35
10º UD Corcubión : 34
11º SD Sofán B: 34
12º Ponteceso SD : 34
13º CD Muros : 32
14º UD Monte Louro : 31
15º Sporting Zas : 28
16º CF Mazaricos : 25
.
LIGA DA COSTA
28ª Xornada
Domingo 03/05/2026
CD Muros – CF Corme
Xallas FC – Outes FC
SD San Lorenzo – SCD Malpica
CF Mazaricos – Cabana SD
CD Baio – CF Porteño
Ponteceso SD – UD Monte Louro
Soneira SD – UD Corcubión, ás 17:00
SD Sofán ” B” – Sporting Zas, ás 18:00
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto Zas-San Lorenzo : Prensa Sporting Zas
-Foto Outes-Soneira : Lolita Campaña
-Fotos Porteño-Mazaricos : Marina Busto
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios con nome : Os adestradores



