LIGA DA COSTA
26ª Xornada
Domingo 19/04/2026
Soneira SD 3-1 SCD Malpica
CF Mazaricos 1-2 Ponteceso SD
Xallas FC 1-2 Cabana SD
SD San Lorenzo 4-2 CF Porteño
CD Muros 4-1 UD Corcubión
CD Baio 1-1 UD Monte Louro
SD Sofán ” B” 1-1 Outes FC
CF Corme 4-3 Sporting Zas
Clasificación : PREME AQUÍ
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
.
CRÓNICA XERAL
Se alguén pensaba que isto ía ser cousa de dous… equivocouse. A xornada 26 deixou claro que nesta Liga da Costa non hai guión escrito e que cada domingo pode rebentar a clasificación por calquera lado. Faltan 4 xornadas e parece que ata o final vai haber empuxóns por tódolos lados.
Loita polo título: só un sobreviviu
Dos catro aspirantes ao título e ao ascenso directo… só gañou un.
O gran beneficiado da xornada foi o San Lorenzo, que non fallou no partido clave e impúxose ao Porteño (4-2), nun duelo directo que podía marcar media liga. Os verdilleses dan un golpe enriba da mesa e colócanse colíderes con 48 puntos, empatados co Xallas.
E é que o líder, o Xallas FC, protagonizou a sorpresa da xornada ao caer na casa (1-2) ante un Cabana que xogou sen complexos e que se mete de cheo na pelexa por todo. Un tropezo inesperado que apreta aínda máis a zona alta.
Pola súa banda, o Porteño como decíamos caía cos de Verdillo e queda tocado tras a derrota, e o Baio tampouco aproveitou o momento: empate (1-1) ante un Monte Louro que loita pola vida. Resultado que sabe a pouco para os baieses, que quedan a 4 puntos do liderado.
Zona media: todos en 3 puntos
A igualdade é brutal. O Cabana, coa súa vitoria en Santa Comba, súmase á festa e xa é 7º con 38 puntos… os mesmos que Malpica e Outes.
O Corme protagonizou outro dos partidos tolos da xornada (4-3 ante o Zas),que nos resumía así Rubén Forján, (Sporting Zas) : “Partido de ida e volta no que o Sporting Zas comezou mellor, poñéndose 0-2 grazas a Darío e Redondo. Pero lonxe de sentenciar, ese marcador espertou ao Corme, que reaccionou con forza, dominou o tramo final da primeira parte e remontou antes do descanso (3-2, con penalti de Lucas incluído).
Na segunda metade, o xogo estivo máis trabado, pero o Corme ampliou a vantaxe nun córner (4-2). O Zas arriscou, recurtou distancias tamén a balón parado e buscou o empate ata o final, pero os locais souberon defenderse e asegurar unha vitoria clave.”
Pola sua banda o Soneira, (3-1) tamén fixo os deberes ante un Malpica, que pensa máis na final da copa, e métese na pomada.
Aquí non hai terra de ninguén: do 5º ao 11º hai apenas un mundo comprimido onde cada punto vale ouro.
A outra liga: o descenso, un inferno
Se arriba hai tensión… abaixo hai drama.
O Muros colle aire cun triunfo clave ante o Corcubión (4-1), superándoos na táboa e mandando aos branquiazuis a zona de perigo.
Tal e como nos conta Isidro Trillo, (Corcubión), “tivemos 3 moi claras nas que nos puidemos poñer 0-3, pero eles defendendo e saindo a contra, e nada máis comezar a segunda metade fannos dous seguidos e pouco despois o terceoiro e xa acabou o partido”.
Pero é que a cousa está tan apertada que ninguén está a salvo: 34 puntos teñen Sofán B e Ponteceso (teórica salvación), 32 ten o Muros, e 31 o Corcubión
E ollo: cos posibles arrastres dende categorías superiores, podería haber 4 ou incluso 5 descensos. Un auténtico campo de minas.
CLASIFICACIÓN
1º Xallas FC : 48
2º SD San Lorenzo : 48
3º Porteño CF : 44
4º CD Baio : 44
5º SCD Malpica : 38
6º Outes FC : 38
7º Cabana SD : 38
8º CF Corme : 36
9º Soneira SD : 35
10º SD Sofán B : 34
11º Ponteceso SD: 34
12º CD Muros : 32
13º UD Corcubión : 31
14º CF Mazaricos : 27
15º UD Monte Louro : 27
16º Sporting Zas : 25
.
LIGA DA COSTA
27ª Xornada
Domingo 26/04/2026
UD Monte Louro – CF Corme
CF Porteño – CF Mazaricos
Ponteceso SD – CD Baio, ás 12:00
Outes FC – Soneira SD, ás 16:00
Cabana SD – SD San Lorenzo, ás 16:30
Sporting Zas – CD Muros, ás 17:00
SCD Malpica – Xallas FC, ás 17:00
UD Corcubión – SD Sofán ” B”, ás 18:30
(Os horarios non son firme)
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : Prensa Sporting Zas
