Xallas e Mazaricos xogaron en Santa Comba un entretido encontro cun gran ambente no A Fontenla. Os xallaeiros chegaban ca necesidade de non fallar para apretar o lider San Lorenzo e poder meterse momentaneamente de segundos apretando así o Ponteño e Baio na loita por todo e os mazariquense terceiros pola cola precisan sumar cada semana para escapar do descenso e dos postos de arrastre vendo o panorama dos equipos da costa na Primeira Futgal. O final os que se levaron o gato a auga foron os pupilos de Bruno Prego deixando aos de mazaricos mirando con temor a clasificación e esperando que os seus rivais na loita non sumen.
Xallas FC 4-2 CF Mazaricos
Bruno Prego, (adestrador do Xallas FC) :
“Gran vitoria no derbi por 4-2 nun encontro no que o equipo mostrou carácter, dominio e capacidade de reacción.
O partido comezou cun equipo moi metido no encontro, levando a iniciativa e xerando varias ocasións claras nos primeiros minutos. Porén, a falta de acerto fixo que esas oportunidades non se materializasen. Foi mediada a primeira parte cando, nunha das poucas chegadas do rival, conseguiron adiantarse no marcador (0-1).
Lonxe de virnos abaixo, o equipo seguiu insistindo co mesmo plan de partido, dominando o xogo e acumulando chegadas á área rival. Ese esforzo tivo recompensa pouco despois co gol do empate, e antes do descanso conseguimos culminar a remontada co 2-1, resultado co que se chegou ao intermedio.
Na segunda metade o equipo mantivo o control do encontro e continuou xerando perigo. Froito dese dominio chegaron o terceiro e o cuarto gol, que puxeron o marcador nun claro 4-1 e deixaban o derbi moi encarrilado.
Nos minutos finais, co partido practicamente decidido, o rival conseguiu recortar distancias ata o 4-2, pero sen poñer en perigo unha vitoria que o equipo tivo controlada durante gran parte do encontro.
En resumo, gran triunfo nun derbi, no que o equipo mostrou personalidade para sobrepoñerse ao gol inicial do rival e acabar dominando e resolvendo o partido con autoridade”.
Xallas FC : Iván Couto, Iván García, Doro, Bryan, Sergio Barbeira, David, Daniel, Yago, Alberto, Adrián e Rubén Blanco. Tamén xogaron : Adrián Couto, Pablo e Julián.
CF Mazaricos : Marcos Paris, Manuel Sueiro, Raúl, Marcos Martínez, Steven, Kevin, Adrián, Yeray, Mario, Raúl e Landeira. Tamén xogaron : Álvaro, Luis, Sergio, Fabián e Periscal.
Árbitro : Daviz Vázquez Lema. Amonestou polo Xallas a Iván García, (60´); Adrián López, (67´); Adrián Couto, (84´) e Bryan, (90´).
Goles : 0-1, Marcos Martíez, (31´); 1-1, Doro, (36´); 2-1. Doro, (40´); 3-1, David, (61´); 4-1, David, (71´); 4-2, Fabián, (90´).
Resto da xornada :
22ª Xornada
Domingo 15/03/2026
Xallas FC 4-2 CF Mazaricos
UD Corcubión –Outes FC, ás 17:15
Sporting Zas – SCD Malpica, ás 17:30
CF Corme – Cabana SD, ás 18:15
CD Muros – CF Porteño, ás 17:00
SD Sofán ” B” – Ponteceso SD, ás 17:00
SD San Lorenzo – UD Monte Louro, ás 16:30
Soneira SD – CD Baio, ás 16:45
Clasificación : PREME AQUÍ
AXENDA PIRATA de todo o noso fútbol para este Domingo : PREME AQUÍ
.
-Foto Xallas : Bruno Prego
-Foto equipos : Jorge Villar
-Texto : Xosé Búa
-Comentario : o propio adestrador do Xallas.
