LIGA DA COSTA
22ª Xornada
Domingo 15/03/2026
Xallas FC 4-2 CF Mazaricos, (Crónica)
UD Corcubión 1-1 Outes FC
Sporting Zas 4-0 SCD Malpica
CF Corme 0-2 Cabana SD
CD Muros 3-6 CF Porteño
SD Sofán ” B” 2-1 Ponteceso SD
SD San Lorenzo 0-1 UD Monte Louro
Soneira SD 1-1 CD Baio
.
Copa da Costa este 19 de marzal
O vindeiro día 19 de marzal, “Día do pai”, xogaranse os Cuartos de Final da 61ª Copa da Costa. O final das crónicas tes os enfrontamentos e durante a semana xa iremos dando toda a información destes encontros.
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
CRÓNICA XERAL
A Liga da Costa entrou definitivamente na súa fase decisiva cunha 22ª xornada que apertou a clasificación tanto pola zona alta como pola loita pola permanencia. A sorpresa chegou no liderado coa derrota do San Lorenzo, circunstancia que abre completamente a pelexa polo título cando restan oito xornadas para o final.
O Porteño confirmou o seu gran momento goleador cun festival ofensivo en Muros e sitúase xa a só dous puntos do liderado, mentres que o Xallas continúa firme tras a súa vitoria sabatina ante o Mazaricos, (da que xa vos trouxemos a crónica tralo encontro). O Baio tampouco falla á cita e segue na pelexa polos postos de promoción tras rescatar un punto no desconto no derbi ante o Soneira.
Na zona media, a igualdade segue sendo máxima, con varios equipos separados por apenas tres puntos, mentres que por abaixo o triunfo do Monte Louro no campo do líder e a goleada do Zas reactivan totalmente a loita pola permanencia, que podería complicarse aínda máis polos posibles descensos por arrastre desde categorías superiores.
Unha xornada, en definitiva, que deixa unha Liga da Costa aberta absolutamente a todo.
Crónicas
UD Corcubión 1-1 Outes FC
Partido moi equilibrado no primeiro tempo, con moito respecto entre dous equipos que apenas concederon ocasións claras ata pasada a media hora. Nun intento do Corcubión por saír xogando desde atrás, o Outes roubou o balón e Alberto conectou un disparo imparable pola escuadra para adiantar aos visitantes.
Na segunda metade o dominio foi claramente local. O Corcubión acumulou ocasións moi claras, especialmente nas botas de César e Iago, pero atopouse cun porteiro visitante moi inspirado. A insistencia tivo premio xa no tramo final, cando Iago Lema logrou o empate. Os locais empurraron ata o final, pero o marcador xa non se movería.
Isidro Trillo, adestrador do UD Corcubión:
“Unha primeira parte bastante igualada, con moito respecto polos dous equipos e sen case ocasións ata o minuto 30. Nun erro ao intentar saír xogando desde atrás, o xogador do Outes cortou o pase e marcou un gran gol pola escuadra. Na segunda parte foi toda do Corcubión, con ocasións moi claras, pero o porteiro do Outes foi o mellor do seu equipo. Conseguimos empatar e intentámolo ata o final, pero sen premio”.
Goles: 0-1 Alberto (35´), 1-1 Iago Lema (81´).
Sporting Zas 4-0 SCD Malpica
O Sporting Zas asinou unha das súas actuacións máis completas da tempada nun encontro clave pola permanencia. O partido comezou perfecto para os locais, que se adiantaron moi cedo cun tanto de Darío tras unha rápida transición.
O Malpica reaccionou e gozou de varias ocasións claras, pero atopouse cun inspirado Pereiras baixo paus. O segundo gol, obra de Estefan tras roubo en área rival, marcou un punto de inflexión antes do descanso.
Na segunda metade o Zas sentenciou rapidamente co segundo tanto de Darío e completou a goleada Redondo cun disparo desde a frontal, nun triunfo que devolve a esperanza aos zasenses.
Rubén Forján, adestrador do Sporting Zas:
“O encontro ante o Malpica presentábase, neste tramo final de tempada, como unha auténtica final para as aspiracións de ambos conxuntos nunha Liga da Costa tremendamente igualada, onde cada xornada move a clasificación en todos os postos.
O partido non puido comezar mellor para o Sporting Zas. Nunha acción moi temperá de transición, Redondo aproveitou a súa velocidade pola banda para gañar a liña de fondo e servir un balón que Darío rematou en boca de gol, abrindo o marcador nos primeiros minutos e deixando claro o plan local desde o inicio.
O 1-0 provocou a reacción do Malpica, que tivo ata tres ocasións moi claras para igualar o encontro. Porén, entre as intervencións de Pereiras e a falta de acerto visitante, o marcador non se moveu nese tramo de sufrimento para os locais. A partir de aí, o Zas soubo resistir e, ao redor da media hora, chegou o golpe que marcou o punto de inflexión: Darío roubou un balón dentro da área rival e asistiu a Estefan para que finalizase a pracer e puxese o 2-0. Ese tanto deu tranquilidade ao Zas e o partido baixou lixeiramente de ritmo ata o descanso.
Tras o paso polos vestiarios, o Zas saíu aínda máis enchufado e foi quen de ampliar diferenzas moi cedo. De novo Darío, nun roubo en campo contrario, finalizou cun disparo desde a frontal para facer o 3-0 e deixar o encontro moi encarrilado. Co paso dos minutos chegaron os cambios e o movemento nos banquiños, pero o Zas non baixou o nivel e atopou o cuarto tanto noutro tiro desde a frontal, esta vez de Redondo, completando unha actuación ofensiva moi seria e efectiva.
Aínda houbo tempo para outra acción destacada: Pablo estrelou un balón no pau tras un córner, nun final de partido no que o Zas seguiu chegando e confirmando as boas sensacións.
Vitoria moi necesaria do Sporting Zas, que alimenta a esperanza nunha liga tan igualada que promete emoción ata o final. Para os zasenses, o tramo que resta será decisivo, xa que lles agardan enfrontamentos directos semana tras semana na loita pola permanencia na Liga da Costa.”
Un dos goles do Zas :
Goles: 1-0 Darío (2´), 2-0 Estefan (28´), 3-0 Darío (56´), 4-0 Redondo (78´).
CF Corme 0-2 Cabana SD
O Cabana levou tres puntos importantes dun campo sempre complicado grazas a un partido moi serio. Brais adiantou cedo aos visitantes e o equipo soubo administrar a vantaxe durante todo o encontro.
O Corme buscou o empate sen éxito e xa no desconto Ferreiro sentenciou definitivamente o choque.
Goles: 0-1 Brais (12´), 0-2 Ferreiro (90´).
CD Muros 3-6 CF Porteño
Festival ofensivo do Porteño, que continúa amosándose como o equipo máis en forma da competición. Bruno Romero abriu o marcador cun dobrete nos primeiros minutos e encarrilou rapidamente o encontro.
O Muros intentou reaccionar, pero a pegada visitante foi demoledora, chegando ao descanso cun contundente 1-5. Na segunda metade mantívose o ritmo goleador nun partido aberto e con alternativas.
O Porteño alcanza xa os 65 goles a favor e Bruno Romero consolídase como máximo goleador da liga con 20 tantos.
Goles: 0-1 Bruno (3´), 0-2 Bruno (5´), 1-2 Daniel (14´, de penalti), 1-3 Alfredo (32´), 1-4 Alfredo (39´), 1-5 Bruno (42´), 2-5 Xavier (54´), 2-6 Baba (67´), 3-6 Xavier (79´).
SD Sofán B 2-1 Ponteceso SD
Encontro moi trabado e intenso, con numerosos cartóns, especialmente na segunda metade. O Ponteceso adiantouse cedo por medio de Alberto Recarey, pero o partido complicouse coa expulsión de dous xogadores visitantes.
Co paso dos minutos o Sofán B foi gañando presenza ata empatar por medio de Diego. Xa no desconto, Daniel Calvete culminou a remontada local nun final cheo de tensión.
O Ponteceso rematou con nove xogadores tras as expulsións de Jesús, por dobre amarela, e David Lema con vermello directo.
Goles: 0-1 Alberto Recarey (9´), 1-1 Diego (65´), 2-1 Daniel Calvete (90´).
SD San Lorenzo 0-1 UD Monte Louro
A gran sorpresa da xornada chegou no campo do líder. O Monte Louro deu un golpe sobre a mesa cun triunfo de enorme valor que reabre completamente a loita polo título.
David Pais marcou cedo e os visitantes souberon defender a vantaxe con órde e sacrificio, incluso xogando cun menos desde o minuto 86 pola expulsión de Miguel Verán.
A derrota do San Lorenzo deixa a zona alta comprimida, con só seis puntos entre o primeiro e o quinto clasificado.
Goles: 0-1 David Pais (15´).
Soneira SD 1-1 CD Baio
Derbi de históricos que volveu deixar un duelo intenso e igualado, lembrando grandes enfrontamentos do pasado entre ambos conxuntos.
O Baio golpeou primeiro cun tanto de Mamadou mediada a segunda metade e parecía levar os tres puntos, pero o Soneira non se rendeu e atopou o empate no tempo engadido grazas a Adrián Lema.
Goles: 0-1 Mamadou (55´), 1-1 Adrián Lema (92´).
Clasificación
1º SD San Lorenzo : 42
2º Porteño CF : 40
3º Xallas FC : 39
4º CD Baio : 37
5º Outes FC : 36
6º SCD Malpica : 34
7º Cabana SD : 32
8º Soneira SD : 30
9º UD Corcubión : 30
10º Ponteceso SD : 30
11º SD Sofán B : 30
12º Corme CF : 26
13º CD Muros : 22
14º Sporting Zas : 21
15º UD Monte Louro : 21
16º Mazaricos CF : 21
.
LIGA DA COSTA
23ª Xornada
Domingo 22/03/2026
UD Monte Louro – UD Corcubión
Outes FC – Sporting Zas
SCD Malpica – CF Corme
Cabana SD – CD Muros
Ponteceso SD – Soneira SD
CD Baio – Xallas FC
CF Mazaricos – SD San Lorenzo
CF Porteño – SD Sofán ” B”, ás 17:00
Clasificación : PREME AQUÍ
.
.
-Fotos Zas : Prensa Sporting Zas
-Foto Soneira : Lolita Campaña
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Con nome os propios adestradores


