Liga da Costa, (21ª Xda) : “Moitos goles e todo segue apertado tanto na zona alta como na baixa”.

LIGA DA COSTA
21ª Xornada 
Domingo 08/03/2026

UD Monte Louro 1-2 Outes FC

SCD Malpica 1-1 UD Corcubión

Cabana SD 5-1 Sporting Zas

CF Porteño 7-2 CF Corme

Ponteceso SD 5-0 CD Muros

CF Mazaricos 6-0 Soneira SD

SD San Lorenzo 0-0 Xallas FC

CD Baio 0-1 SD Sofán ” B”

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

CRÓNICAS

A 21ª xornada da Liga da Costa deixou unha xornada con moitos goles (31 tantos en total), e con poucos cambios na zona máis alta da clasificación, xa que os tres primeiros clasificados non pasaron do empate ou da derrota.

O líder SD San Lorenzo empatou sen goles ante o Xallas FC, no duelo da xornada, mentres que o CD Baio, segundo clasificado, caía sorpresivamente pola mínima na casa ante o SD Sofán B

Quen si aproveitou a xornada foi o CF Porteño, que asinou a goleada da xornada ante o Corme (7-2), mantendo o pulso polos postos de promoción. Tamén destacou o Ponteceso, que goleou ao Muros, e a gran sorpresa deuna o Mazaricos, xa non por derrotar ante ao Soneira, senón de por como o fixo, (6-0).

Pola súa banda, o Outes levou os tres puntos do campo do Monte Louro nun partido resolto na primeira metade, mentres que Malpica e Corcubión repartiron puntos nun encontro moi igualado. O Cabana, pola súa parte, impúxose con claridade ao Sporting Zas nun duelo importante na zona baixa.

A falta de 9 xornadas para o final, a loita polo ascenso directo e polos dous postos de promoción segue totalmente aberta, así como polo descenso direto e por escapar dos postos de posibles arrastres vendo como lles vai aos equipos costeiros na Primeira Futgal.


CRÓNICAS

UD Monte Louro 1-2 Outes FC

Partido moi movido na primeira metade no que o Outes foi quen de golpear primeiro e acabar levando tres puntos importantes.

Os visitantes adiantáronse cedo no marcador cando Hugo marcou no minuto 7. O Monte Louro reaccionou rápido e Chano puxo o empate no minuto 15, pero pouco despois Martín anotou o que acabaría sendo o gol definitivo no minuto 25. A partir de aí o marcador xa non se movería.

Goles: 0-1, Hugo (7´); 1-1, Chano (15´); 1-2, Martín (25´).


SCD Malpica 1-1 UD Corcubión

Empate nun partido moi igualado no que os dous equipos tiveron poucas ocasións claras de gol.

O adestrador do Corcubión, Isidro Trillo, explicaba así o encontro:

“Partido moi igualado. Na primeira parte estivemos un pouco mellor nós, aínda que con case ningunha ocasión clara. No minuto 35 Iago marcou un golazo de falta e así acabou a primeira parte. Na segunda, nada máis comezar expulsaron ao dianteiro do Malpica e aí, cando tiñamos que controlar o partido, fixemos todo ao revés. No minuto 60 marcarían de chilena o empate e, desde aí ata o final, cero ocasións para uns e outros. Foi un mal partido noso, sobre todo na segunda parte, cun empate xusto”.

Goles: 0-1, Iago Lema (35´); 1-1, Luís (60´).


Cabana SD 5-1 Sporting Zas

O Cabana acabou levando un triunfo amplo nun encontro que se rompeu totalmente na segunda metade.

O adestrador do Zas, Rubén Forján, analizaba así o partido:

“O Sporting Zas afrontaba en Cabana un partido clave na loita por saír da zona baixa da clasificación, nun encontro no que chegaba moi condicionado polas numerosas baixas.

A primeira metade estivo marcada por moi pouco xogo no medio campo e por un guión de moita disputa, transicións e balóns longos buscando as costas das defensas. Nese contexto foi o Cabana quen xerou as ocasións máis claras para abrir o marcador, con dúas oportunidades moi perigosas que non foi quen de materializar. A acción máis significativa do primeiro tempo chegou nunha falta lateral na que Guille saíu a interceptar e acabou chocando cun xogador rival, quedando tocado do xeonllo e limitado para desprazarse o resto do encontro. A pesar diso chegouse ao descanso co 0-0.

Tralo paso polos vestiarios o partido rompeu nos primeiros minutos. Unha falta e un córner, ambos ben executados e mellor rematados polo Cabana, puxeron un duro 2-0 no marcador. Nese momento Guille viuse obrigado a pedir o cambio ao non poder continuar polas molestias, entrando Pablo Fuentes para ocupar a portería, que nada máis entrar recibiría outro tanto.

O Zas tentou reaccionar e estirouse algo máis, especialmente con Darío e Redondo, que lograron recurtar distancias e mesmo estiveron preto de meterse de cheo no partido con algunha ocasión máis. Porén, o Cabana volveu golpear nos momentos clave e, con maior frescura e acerto no tramo final, anotou dous tantos máis que deixaron o encontro nunha goleada”.

Goles: 1-0, Noé (50´); 2-0, David (53´); 3-0, Parga (57´); 3-1, Redondo (80´); 4-1, Simón (92´); 5-1, Nando (94´).


CF Porteño 7-2 CF Corme

Festival ofensivo do Porteño, que deixou o partido practicamente resolto nos primeiros minutos cun arranque fulgurante.

Os locais xa gañaban 3-0 antes do cuarto de hora con goles de Bruno, Alfredo e José “Pejo”. Na segunda metade continuou o dominio local, con Bruno como gran protagonista anotando catro goles.

O Corme conseguiu recurtar distancias en dúas ocasións por medio de Israel, pero o Porteño seguiu ampliando a vantaxe ata o 7-2 final.

Goles: 1-0, Bruno (2´); 2-0, Alfredo (9´); 3-0, José “Pejo” (13´); 4-0, Bruno (52´); 5-0, Bruno (57´); 5-1, Israel (64´); 6-1, Bruno (70´); 6-2, Israel (86´); 7-2, David Carrabete (89´).


Ponteceso SD 5-0 CD Muros

Triunfo contundente do Ponteceso, que resolveu o partido entre o final da primeira metade e o inicio da segunda.

Eloy abriu o marcador no minuto 42 e, nada máis comezar a segunda parte, Alberto Recarey ampliou a vantaxe. A partir de aí o Ponteceso dominou con claridade e chegaron tres goles máis para completar a goleada.

Goles: 1-0, Eloy (42´); 2-0, Alberto Recarey (48´); 3-0, David Lema (57´); 4-0, Mendieta (70´); 5-0, Teo (80´).


CF Mazaricos 6-0 Soneira SD

Gran triunfo do Mazaricos, que asinou unha das goleadas da xornada e sumou tres puntos importantes.

O marcador abriuse no minuto 32 cun tanto de Borja. Na segunda metade os locais foron moi superiores e ampliaron a vantaxe con goles de Álvaro, de novo Borja, Raúl, Chumiko e Molinos.

Goles: 1-0, Borja (32´); 2-0, Álvaro (50´); 3-0, Borja (52´); 4-0, Raúl (66´); 5-0, Chumiko (76´); 6-0, Molinos (85´).


SD San Lorenzo 0-0 Xallas FC

Empate sen goles entre dous dos equipos da zona alta nun encontro moi disputado no que as defensas se impuxeron aos ataques.

O comentario do adestrador do Xallas, Bruno Prego :

“Empate sen goles  nun encontro moi esixente ante o líder da competición, no que o equipo competiu a un gran nivel durante os 90 minutos.

O partido comezou con moita intensidade e xa no minuto 5 tivemos a primeira ocasión moi clara do encontro, tras unha acción de xogo directo que nos permitiu plantarnos preto da portería rival, aínda que finalmente non fomos quen de materializala.

Durante o resto do partido o guión mantívose similar, cun encontro moi disputado, no que apostamos principalmente polo xogo directo para intentar facer dano ao líder, buscando segundas xogadas e situacións de profundidade. O equipo estivo moi serio a nivel defensivo, traballando con moita orde e compromiso para neutralizar as fortalezas do rival.

Co paso dos minutos o partido fíxose cada vez máis pechado, con poucas ocasións claras para ambos conxuntos. A intensidade e o traballo colectivo foron claves para manter o resultado.

Xa na última xogada do encontro tivemos outra ocasión moi clara para levar os tres puntos, pero non fomos capaces de finalizar a acción como nos gustaría.

En definitiva, un punto de moito mérito ante o líder, nun partido de moita esixencia no que o equipo mostrou carácter, traballo e competitividade. Se seguimos nesta liña, estaremos máis preto de conseguir os nosos obxectivos.” 

Goles : 0-0


CD Baio 0-1 SD Sofán B

Sorpresa en Baio coa vitoria do Sofán B, que levou os tres puntos grazas a un gol ao bordo do descanso e que lle vale os sofanistas para abrir fenda co descenso.

Ismael Ramos marcou no minuto 44 o tanto que acabou decidindo o encontro, deixando ao Baio sen premio nun partido moi igualado.

Goles: 0-1, Ismael Ramos (44´).


Clasificación

1º SD San Lorenzo : 41
2º CD Baio : 36
3º Xallas FC : 35
4º CF Porteño : 34
5º SCD Malpica : 33
6º Outes FC : 32
7º Soneira SD : 29
8º UD Corcubión : 28
9º Ponteceso SD : 27
10º Cabana SD : 26
11º CF Corme : 26
12º SD Sofán B : 24
13º CD Muros : 22
14º Sporting Zas : 18
15º UD Monte Louro : 18
16º CF Mazaricos : 18

.

LIGA DA COSTA
22ª Xornada 
Domingo 15/03/2026

Xallas FC – CF Mazaricos, 14/03 ás 18:00

 UD Corcubión Outes FC

Sporting Zas  SCD Malpica

CF Corme  Cabana SD

CD Muros  CF Porteño

SD Sofán ” B” – Ponteceso SD

SD San Lorenzo – UD Monte Louro, ás 16:30

Soneira SD – CD Baio, ás 16:45

(Os horarios non son firmes)

.

.

-Fotos Sp Zas : Prensa do club

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentarios : Propios e integros dos adestradores