LIGA DA COSTA, (19ª Xda) : “Goleadas, polémica e trocos na clasificación nunha xornada marcada pola Mikaela e co San Lorenzo máis lider”.

LIGA DA COSTA
19ª xornada 
Domingo 22/02/2026

CF Mazaricos 0-2 CD Muros

Soneira SD 3-2 Xallas FC

CD Baio 2-1 CF Corme

UD Monte Louro 2-2 SCD Malpica

CF Porteño 9-2 UD Corcubión

Ponteceso SD 3-3 Sporting Zas

SD San Lorenzo 4-1 SD Sofán ” B”

Cabana SD 1-2 Outes FC

 

Crónica xeral 

A 19ª xornada da Liga da Costa deixou unha mestura de goleadas, partidos tolos e movementos importantes na clasificación. O liderado consolídase para o SD San Lorenzo, que non fallou no derbi ante o SD Sofán B, mentres que o CF Porteño asinou a gran exhibición ofensiva da xornada cun contundente 9-2 fronte ao UD Corcubión.

Un dos focos da xornada estivo en Vimianzo, onde o Soneira SD confirmou o seu espectacular momento de forma cun triunfo de prestixio ante o Xallas FC. Os soneiráns encadean cinco vitorias consecutivas e pasan, en poucas semanas, de mirar cara abaixo a instalarse de cheo na loita pola promoción.

Na zona alta tamén houbo reparto de puntos no duelo entre o UD Monte Louro e o SCD Malpica, un empate que frea as aspiracións de ambos para dar un salto maior na táboa. Pola súa banda, o CD Baio sacou adiante un encontro moi traballado fronte ao CF Corme, mantendo o pulso polos postos de cabeza.

Na parte media, o Outes FC sumou tres puntos importantes no campo do Cabana SD, tras vir de ser goleado na Copa polos cabaneses, mentres que en Ponteceso, segundo as vebras do adestrador zacense, viviuse un dos encontros máis polémicos da tempada, cun empate a tres entre o Ponteceso SD e o Sporting Zas, marcado polas expulsións e polas protestas arbitrarias do conxunto visitante.

Na zona baixa, o CD Muros colle aire cunha vitoria moi seria no campo do CF Mazaricos, que segue sen atopar regularidade nunha liga cada vez máis esixente.


Crónicas 

CF Mazaricos 0-2 CD Muros

O Muros levou tres puntos de ouro dun campo complicado grazas a un inicio fulgurante e a un gol que pechou o partido xa no desconto. Xaco adiantou aos visitantes cando apenas se xogara un minuto e, co marcador ao seu favor, souberon defenderse con orde. Co Mazaricos envorcado, Alex sentenciou no 91’.

Goles:
0-1, Xaco, (1’);
0-2, Alex, (91’).


Soneira SD 3-2 Xallas FC

Un dos choques da xornada e un partido vibrante de principio a fin. O Soneira entrou mellor, pero o Xallas demostrou por que está na zona alta. Co 2-2 no marcador, o encontro parecía aberto a calquera resultado, ata que Gabriel apareceu para decidir e prolongar a impresionante serie vitoriosa dos locais.

Goles:
1-0, Pichi, (8’);
1-1, Alberto, (19’);
1-2, Doro, (35’);
2-2, Alberto “Vía Rápida”, (61’, penalti);
3-2, Gabriel, (65’).


CD Baio 2-1 CF Corme

O Baio fixo valer o seu bo facer na casa para superar a un Corme competitivo. Os locais dominaron boa parte do encontro e puxéronse con vantaxe clara, aínda que o penalti final de Lucas puxo emoción ata o último intre.

Goles:
1-0, José, (31’);
2-0, Josiño, (53’);
2-1, Lucas, (79’, penalti).


UD Monte Louro 2-2 SCD Malpica

Reparto de puntos nun partido que se animou na segunda metade. O Malpica golpeou primeiro, pero o Monte Louro respondeu con personalidade e chegou a poñerse por diante. Un gol final de García deixou o empate como resultado definitivo.

Goles:
0-1, Cristian, (55’);
1-1, Alex, (57’);
2-1, Abel, (62’);
2-2, García, (81’).


CF Porteño 9-2 UD Corcubión

Exhibición ofensiva do Porteño ante un Corcubión moi condicionado polas baixas. O partido rompeu moi cedo e o balón parado foi decisivo para unha goleada sen paliativos.

 Isidro Trillo (adestrador do Corcubión) :

“Chegamos ao encontro en cadro, con dez baixas. Adiantáronse eles e conseguimos empatar; logo puxéronse de novo por diante e Rama empataba meténdolla por enriba ao porteiro. A partir de aí fixeron o 3-2 e, co porteiro batido, puidemos empatar pero o balón deu no poste. Logo matáronnos con catro goles a balón parado. Notáronse moito as baixas de xente titular e defendemos moi mal contra un equipo coma o Porteño. Foron superiores e non hai desculpas: non che poden meter nove goles.”

Goles:
1-0, Alan, (8’);
1-1, Rama, (11’);
2-1, Darío, (12’);
2-2, Rama, (26’);
3-2, Alfredo, (27’);
4-2, Martín, (36’);
5-2, Bruno, (39’);
6-2, Alan, (41’);
7-2, Martín, (50’);
8-2, Pejo, (59’);
9-2, Bruno, (73’).


Ponteceso SD 3-3 Sporting Zas

Empate con final moi polémico. O Zas chegou a ter o partido controlado, pero as expulsións e o parecer varias decisións arbitrais moi protestadas condicionaron un encontro que acabou con reparto de puntos e moita tensión.

Rubén Forján (adestrador do Sporting Zas) :

“O Sporting Zas regresou de Ponteceso cun empate que sabe a pouco e cunha enorme sensación de impotencia. Nun encontro igualado e intenso, o equipo zasense chegou a verse cunha vantaxe clara no marcador, pero o partido acabou completamente condicionado por decisións arbitrais moi protestadas polo noso bando, que consideramos que foron desiguais e determinantes no desenlace.

O choque comezou con minutos de tanteo e moita disputa no medio do campo. Co paso do tempo, as ocasións máis claras foron nosas e chegou o penalti sobre Andrés que Juan transformou. Pouco despois, Redondo ampliou a vantaxe tras un rexeite, nun tramo no que incluso mandamos un balón ao pau.

Xa na primeira metade mostramos o noso descontento por varias accións cun criterio arbitral dispar. Tras o descanso, Juan viu a segunda amarela nunha acción moi discutida, na que entendemos que a falta é sobre él. Con dez, o Ponteceso recortou distancias, pero Redondo volveu aparecer para facer o 1-3.

Reclamamos tamén un penalti claro por un agarrón dentro da área, no que se sinalou lei da vantaxe sen remate a gol. A partir de aí, acumulamos tarxetas e quedamos con nove xogadores. Coa superioridade, o Ponteceso empatou de penalti e mesmo puido gañar nunha falta ao longueiro. Marchamos cun punto e coa sensación de ter sido claramente prexudicados.”

Goles:
0-1, Juan, (11’, penalti);
0-2, Redondo, (27’);
1-2, Iván, (53’);
1-3, Redondo, (55’);
2-3, Eloy, (59’);
3-3, Alberto Recarey, (88’, penalti).


SD San Lorenzo 4-1 SD Sofán B

O líder non deu opcións. O San Lorenzo resolveu o encontro antes do descanso cun ritmo alto e moita eficacia, mantendo a súa sólida traxectoria na cabeza da táboa.

Goles:
1-0, Taibo, (6’);
2-0, Iago, (37’);
3-0, Marcos, (39’);
3-1, Dani, (46’);
4-1, Javier Souto, (49’, penalti).


Cabana SD 1-2 Outes FC

O Outes foi máis efectivo nun partido moi trabado. Dobrete de Sanchiño antes do descanso e resistencia final ante o empuxe dun Cabana que recortou cedo na segunda metade.

Goles:
0-1, Sanchiño, (32’);
0-2, Sanchiño, (41’);
1-2, Parga, (50’).


Clasificación

1º SD San Lorenzo : 40
2º CF Porteño : 33
3º SCD Malpica : 33
4º CD Baio : 33
5º Xallas FC : 32
6º Outes FC : 29
7º Soneira SD : 28
8º Ponteceso SD : 27
9º Cabana SD : 26
10º UD Corcubión : 25
11º CF Corme : 23
12º CD Muros : 22
13º SD Sofán B : 21
14º UD Monte Louro : 18
15º CF Mazaricos : 18
16º Sporting Zas : 17

.

-Fotos : Sporting Zas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentarios : Propios e coa responsabilidade dos adetradores