Pose, (centro), Toja, (9) e Manu Nogueira, (14) fixeron os goles muxiáns.
Muxía CF 5-0 Cabana SD
Moi superior se amosou o Muxía CF ao Cabana SD, nun “Campo da Arliña” que amosou ser o mellor tepe da costa e posiblemente de Galicia, pola sua extraordinaria drenaxe que fai que ainda que “caia o mar abordo” non xunte unha simple poza.
Os muxiáns comezaron moi fortes e o medio Roberto Pereira, relegado a banda, cun tanto de sorte facía o primeiro aos 12 minutos de xogo e un cuarto de hora despois Manu Nogueira poñía o 2-0. Puido ir a vestiarios o equipo cabanés con mellores opcións, pois dispoñían dun penalti que erraban. Xa na segunda metade Pose facía unha gran xogada por banda e desdobraba e él mesmo acía todo para marcar un golazo aos poucos do reinicio. Irrumpeu con forza o xove Toja, que entraba no 66 e conseguía o 3-0, cun remate de auténtico “9”, ao primeiro toque, tras unha excelente asistencia dende a banda de Pose, e facía o da “manciña” no dexconto. Destacar o partidazo de Isma Pose pola banda dereita do ataque muxián.
Durante a semana unha escolma de fotos deste encontro.
FICHA TÉCNICA
RESULTADOS
10ª Xornada
10/11/2019
Muxía 5-0 Cabana
Cee 3-0 Castríz
Ponteceso 4-3 Cerqueda
Esteirana 4-0 Zas
Lira 3-2 Coristanco
Muros 1-0 San Lorenzo
Buño 1-2 Corme
Malpica 1-2 Baiñas
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.