Lía retorna a Coruña e acabará a tempada co Deportivo feminino.

 

Rosalía Muíño González “Lía” (A Coruña, 13 de febreiro de 2000), regresa á súa cidade natal para reincorporarse á disciplina do Deportivo ABANCA unha vez concluída a temporada nos Estados Unidos, onde estuda e xoga para o South Florida Bulls.

Lía arrincara xa esta temporada ás ordes de Manu Sánchez antes de regresar a terras norteamericanas en xaneiro. Até ese momento disputara 11 partidos, dous deles como titular, para sumar un total de 307 minutos e manterse ademais entre as xogadoras que máis veces vestiron a camiseta branquiazul: Gaby (112), Cris (110), Iris (102), Peke (101), Teresa Abelleira (92), Lía (83), Nuria (76), Kika (76), Alba Merino (71) e Michelle Romero (70).

Lía, que regreso a Galicia nos últimos días e xa puido ver en directo en Abegondo o partido contra o Espanyol, unirase ao traballo coas súas compañeiras na sesión de hoxe luns ás 10:30 h.

Formada na canteira do Victoria CF, foi unha das compoñentes do primeiro equipo do Dépor ABANCA cando se creou ao comezo da Temporada 2016-2017. A centrocampista completou tres temporadas no conxunto herculino antes da súa marcha a EEUU, nas que foi unha das futbolistas máis utilizadas por Manu Sánchez, xa que disputou 72 partidos, nos que marcou 13 goles. Ademais, a xogadora coruñesa formou parte do equipo que logrou o histórico ascenso a Primera Iberdrola ante o CD Femarguín, o 19 de maio de 2019.

Semana clave para o futuro do equipo

O Dépor ABANCA comezou hoxe luns 17 de maio, día festivo, unha semana transcendental de cara ao desenlace da Primera Iberdrola, con partidos ligueiros en Alcalá de Henares este mércores 19 fronte ao Atlético de Madrid e en Huelva contra o Sporting Huelva o domingo 23 de maio.

Manu Sánchez, técnico deportivista, disporá ademais cinco sesións de adestramento, todas elas en Abegondo. Todo iso para chegar nas mellores condicións a ambas as citas. A salvación está a cinco puntos, agora marcada polo Rayo Vallecano: 29 puntos contan as vallecanas por 24 as branquiazuis.

-Foto e Texto : rcdeportivo.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies