LÉMBRASE : “AQUEL DEPORTIVO 4-3 ELCHE DUN DOMINGO ÁS 12:00 HORAS DO 22 DE ABRIL DO 2012…QUE TOLEMIA!!!”.

Álex Bergantiños único que continúa daquel encontro.

 

Pasaron máis de 7 anos, un 22 de Abril do 2012, tamén se xogaba un Deportivo-Elche, pero daquela, o equipo que dirixía José Luis Oltra estaba nas Antípodas do lugar que ocupa hoxe en día, tanto en xogo, coma en todo, pois era a xornada 35ª da 2ª División 2011/12 e os deportivistas mandaban na liga, e ademáis nese encontro, Domingo ás 12:00 horas, a afección recibía o premio a “Mellor afección do fútbol español”, galardón que nos foi concedido en duas ocasións.

Tan só queda daquel equipo Álex Bergantiños, e tanto él coma tódolos que presenciamos aquel choque en direto, coma os que o viron por televisión, lembrarano por sempre, pois foi un choque de vértigo, tolo, a cada gol que marcaba o Depor, o Elche respostaba practicamente na seguinte xogada co empate. Tiros a madeira, paradas dos porteiros, erros, golazos…

 

 

     Bruno Gama facía dous goles.

 

Valerón inauguraba o marcador aos 4 minutos de xogo e repostaba 8 minutos despois Ángel para os ilicitanos. Chegábase así a segunda metade que sería un órdago. Bruno Gama no 54´ facía o 2-1, e a resposta era inmediata pois 5 minutos despois, de novo Ángel empataba, (2-2). De novo Bruno Gama poñía por diante aos branquiazuis, e 5 minutos despois, Albacar” facía o 3-3. Non paraba o conto e no 88, Colotto facía o 4-3, que foi definitiv, pero o “run-run” da posible resposta dos visitantes, foi ata que o colexiado cántabro, Árias López, pitaba o final no 94´.

 

Gol en falta concedido o Elxe.

Era unha mañán de vento do W con chubascos e sol, un tempo similar ao que estamos a ter e este vindeiro Domingo repetirase a historia e volveremos a xogar na 2ª División contra o Elche e no asqueroso horario das 12:00 horas, (11:00 GMT). Esperemos que polo menos se repita a vitoria, o resto terá que esperar. Aquel ano ascendemos batindo tódlos records da 2ª División Epañola, agás o de vitorias seguidas que con 11 empatábamos co Mérida.

 

Depor : Aranzubía; Morel, Ze Castro, Lassad, Laure, Bruno Gama, Guardado, Colotto, Valerón, Alex Bergantiños , Juan Domínguez.

Goles : 1-0, Valerón (4´) ; 1-1, Ángel (12´); 2-1, Bruno Gama (54´); 2-2, Ángel (59´); ‘3-2, Bruno Gama (67´); 3-3, Albacar (72´); 4-3, Colotto(88´).

 

 

Premio a mellor afeccion para a deportivista.

 

VÍDEO DOS GOLES

https://www.youtube.com/watch?v=sNafQcKeVkg

 

 

-Vídeo : Canal YouTube Sergio Trujillo Almeida

-Foto e texto: piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.