Escalofriante a caida de Villares.
O que máis e o que menos é da opinión de que o Depor xogou en Ceuta un dos peores encontros da tempada, e no que mereceu caer goleado, pero ninguén sabía os problemas que había, ata que o desvelaron, Óscar Cano, e os xogadores que falaron no post-encontro.
Nin siquera cando se fixo a lista de convocados se desvelou a situación. Todo apuntaba a que isi Gómez, quedaba na Coruña por molestis musculares, cando o parecer sufría un problema de saúde por un virus estomacal.
Un problema que se extendeu por varios xogadores da plantilla e no corpo técnico. Tal é así, que Lapeña, xa non foi da partida, e Rubén Díez quedou no descanso no vestiarios, e Svensson tivo que abandoar o terreo de xogo no 72, visiblemente cansado.
Non foi disculpa, pero sí un handicap, que mermou as capacidades de varios dos xogadores, que sabendo o conto tralo encontro, fixeron un traballo encomiable, ante un Ceuta, que guerreou moito, e axudado por unha hinchada que rozou o delito, na sua presión, e ata o colexiado tivo que parar o encontro varios minutos, por ameazas de morte a un dos seus liñas.
Antre todo esto tivemos a escalofriaente caida de Diego Villares, que tras saltar a un balón co local, Macías, caeu con todo o peso sobre a cabeza, doblando o pescozo dunha maneira perigosísima. Tan escolfriante foi, que de nons er un deportista de élite, o máis posible e que se eñucase e podería ter sido moi grave, ou fatal.
Gracias a Deus non pasou do susto, e tanto cando estivo no chan tirado, e podía verse que movía as pernas, coma cando se levantou, a actuación dos rivais, e do público foi excelente.
Cando se deu o percance, que foi a carón dos banquiños, saltaron todos coma resortes a polo rapáz, sen permiso do árbitro, antepoñendo a situación a todo.
-Foto e Texto : piratasdemuxia