SD Camelle 4-2 Sporting Seaia CF
Soubo xogar mellor o Camelle nun Rodeiro, moi pesado polas chuvias deste sábado. Un campo dos de antes, ao que hai que baixarse o barro. Non é crítica, pois a contra, algúns campos de plástico, hai que saber nadar, ou sexa o servido polo comido, pero nestes casos o equipo local, ten moito a favor, polo coñecemento do comportamento do balón.
Os camelláns, foronse o descanso con 2-0, con goles de Adrián Pasantes, (6´e 22´), e parecía que deixaban todo resolto co terceiro a volta de vestiarios, un tanto que materializaba de novo Adrián, (51´), pero pasada a hora de xogo, e trala baixada de intesidade dos camelláns, Ferreiro, acurtaba distanzas, (65´). Non parecía nada perigoso, pero o gol de Iván aos 85 minutos de xogo, acibaba as alarmas, e cun xogo de poder a poder, chegaba Marino, para deixar finiquitado o choque, no desconto final.
SD Laxe 2-0 SD Ameixenda
Se no encontro do Camelle-Seaia falábamos de campo pesado pola choiva, neste caso era o mesmo, pero no caso de campo de plástico. Aguantou ben o Ameixenda na primeira metade e non foi ata o 53, cando Miguel Torres, poñía aos laxenses en vantaxe. O gol abría o encontro, e aí cos ceenses buscando igualar, de novo Torres batía a José Costa, para sentenzar, (84´).
Ressto de xornada no Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.
-Foto e Texto : piratasdemuxia