O equipo carballés cae derrotado e cede a 7ª praza o seu rival

Laura Canosa conducindo o balón
Bergantiños Feminino CF 1-2 UD Santiso FC
-O equipo carballés cae derrotado e cede a 7ª praza o seu rival-

A derrota do Bergantiños Feminino CF na 23ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 2, ante o UD Santiso FC, (1-2), fai que as carballesas se vexan superadas polo equipo santisés cos mesmos 27 puntos das bergantiñanas, na loita por acadar a Fase de ascenso. Ambos equipos chegaron a este choque con tan só dous recambios no banco. A liga para ata o 14 de Abril polos encontros de seleccións..Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán, así como as clasificacións da liga e goleadoras, e outros datos.

Bergantiños Feminino CF 1-2 UD Santiso FC 

 
Mal partido dun relaxado Bergantiños minguado polas baixas, que desaproveitou unha boa oportunidade de abrir unha brecha na clasificación entre os equipos que desexan xogar a fase de ascenso. O partido empezaba con moito ritmo por parte do conxunto carballés e con algunha tímida ocasión, pero sen crear demasiados apuros á porteira visitante. Aos poucos as visitantes fóronse achegando á portería de Lara e aos 25 min. Isa podía adiantar ao Bergan pero o seu disparo iríase fóra por pouco.
 
Na seguinte xogada Doce adiantaba ao Santiso ao tran formar un penalti. Tres minutos despues Noe empataba ao definir ben nun man a man. Pouco duraría a alegría cando as visitantes volvían adiantar ao aproveitar un fallo defensivo. Sen demasiadas ocasións chegábase ao descanso. Na segunda parte as xogadoras de Gueli saíron con todo pero quedaba claro que non era o mellor día para as locais. Noe, Isa Carla e Canosa dispoñerían de ocasións de gol pero o balón non quería entrar.
 
Defensivamente o equipos e mostraba mellor e case non concedeu ningunha ocasión clara ao seu rival. Finalmente o marcador xa non se movería e as carballesas desaproveitaron unha boa ocasión de eliminar a un rival na loita pola fase de ascendo.
Bergantiños Feminino CF :  Lara Sánchez, Paula, Eva (Rabuñal 60´), Seo, Martasa, Lore, Torrado, Carla, Noe, Canosa e Isa (Tania 75´)
 
Goles : 0-1, Dulce, (25´ de penalti); 1-1, Noe, (28´); 1-2, Ana, (29´).
 
Árbitro : Rai Reborido Rodríguez.  Non amosou ningún cartón.
-CLASIFICACIÓN-
PRÓXIMO ENCONTRO
 
A liga paraun par de semanas e o Bergantiños Feminino CF na 24ª xornada o 14 de Abril visitará o “Municipal Borja Rodríguez Ans”, (Carral), ao UD Carral, 12º con 4 puntos, a partires das 17:00 horas.

Bergantiños Feminino CF

-GOLERADORAS BERGANTIÑOS-

-María Insua : 12

-Tamara : 9

-Noelia : 8

-Isa : 6

-Fra : 3

-Lucía : 2

-Alejandra : 1

-Laura : 1

-Lore : 1.

-PICHICHI LIGA-

-Laura Mosquera, (Touro SD) : 40, (3 de penalti)

-Noemi, (SD O Val) : 27, (1 de penalti)

-Tamara Varela, (SE Abella) : 25

-Paula Castañedo, (Sporting Cambre) : 25

-Silvia Soto, (Betanzos CF) : 21

-Lucia, (Sporting Cambre) : 21

-Blanca, (Betanzos CF) : 20

-Lorena, (CD Narón) : 18

-Laura Raña, (SE Abella SDEC) : 18

-Noelia, (Betanzos CF) : 18

-Andrea, (CD Narón) : 18, (3 de penalti).

(Os goles son os que aparecen nos actas arbitrais da RFGF)

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-