LARACHA, PAIOSACO E BAIO XA COMEZARON A PRETEMPADA.

CD Baio 2022/23.

 

UD Paiosaco, (3ª RFEF), Laracha CF, (1ª Galicia G1), e CD Baio, (1ª Galicia G2), xa comezaron a pretempada. 

Os primeiros en comezaron foron os de Peisaco, foi o pasado 28 de Xullo, e teñen por diante un total de 12 encontro, (dous nun triangular), antes de comezar a disputar a 3ª RFEF.

 

 

Os segundos en saltar o terreo de xogo foron os xogadores do CD Baio, que o fixeron o pasado 29 de Xullo, e agora tócalle ao novo adestrador Félix García Raposo, afinar o Decano do Fútbol da Costa, nun novo periplo na 1ª Galicia G2, co estreo tamén na categoría do presidente Manuel Mouzo “Chino”.

Pola sua banda o Laracha CF, que non coincidirá no grupo cos de Baio, o estar estes no grupo dos das Mariñas-A Coruña, comezaban no día de onte a pretempada, na que terán un triangular co UD Paiosaco. Nos da Laracha moitas caras novas, para tratar de devolver o equipo a Preferente, das mans de Rubén García, un adestrador de moita progresión e moito nivel, con varios ascensos as suas espaldas, o derradeiro, o pasado ano co Suevos. 

Tamén os informa o Laracha CF que a data marcada para a presentación oficial do primeiro equipo será o domingo 28 de agosto no partido #ante o Betanzos CF, de Preferente Autonómica, no Municipal dá Laracha.

O equipo de Rubén García, con Fran Pérez como preparador físico e segundo adestrador, conta cos seguintes xogadores para arrincar a pretemporada: Javi Míguez, Diego e Eloy (porteiros); Adrián Bocija, Yosi, Dopico, Moisés, Jonny, Jorge, Lage, Diego (defensas); Sergio, Joni, Achi, Cristian, Moha e Fran (centrocampistas); Pape, Carlos, Minolo, Dani Añón, Solla, Ibrahim, *Álex, Diego e Saydou (dianteiros).

Destes 26 xogadores que inician a pretemporada, seis estarán a proba e non se descartan máis incorporacións nas primeiras semanas da pretemporada.

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

 

-Foto : UD Paiosaco/CD Baio

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies