LARA DEU A PRIMEIRA ROLDA DE PRENSA DOS DEPORTIVISTAS NO 2021.

 

 

Jose Lara abriu as comparecencias na sala de prensa de Abegondo neste ano 2021.

O atacante deportivista admite que o Deportivo non é favorito na eliminatoria de Copa de SM O Rei, a partido único, deste mércores 6 de xaneiro (19:00 horas) en ABANCA-RIAZOR ante o Alavés, un Primeira División pero iso si advirte que “afrontamos o partido con ganas e ilusión de gañalo. Sabemos que pelexamos por un obxectivo pero a Copa impórtanos tamén e imos saír a gañar”.

Subliña que afronta a visita copeira do Alavés “co pensamento de gañalo. Non é o noso obxectivo pero non imos saír nin moito menos a ver que pasa. Imos saír a gañar e demostrarémolo o 6 de xaneiro”.

Após este parón do Nadal, ve ao equipo “descansado e coas pilas cargadas, que é para o que nos ten que servir. Agora toca seguir o que estivemos facendo nesta primeira parte da temporada: todos unidos e a afrontar os partidos como vimos facendo”.

Sancionado aínda en liga para o partido en Zamora previsto para o domingo 10 de xaneiro no Estadio Ruta de la Plata (17:30 horas), Lara lembra que a súa expulsión en Pontevedra foi “un lance do xogo. Pero iso é pasado. O que importa é o presente. Atópome bastante ben. Fun perdendo un pouco de protagonismo tralo gol que lle marquei ao Coruxo. Toca seguir traballando para que o míster vexa as ganas que teño de achegar o máximo posible ao equipo. Deixamos atrás a expulsión e enfocarnos no que vén. Quédame un partido de sanción pero grazas á Copa teño a posibilidade de non perder tanto ritmo”.

-Vídeo, Foto e Texto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies