Jose Lara cedido polo Sevilla CF acaba no día de hoxe o seu contrato de cesión co RC Deportivo e aproveitaba para despedirse do TC Deportivo e do deportivismo, da maneira que se puxo xa como normla, cunha foto montaxe, cunha carta sua sobreimpresionada.
O xogador andalúz, deu un nivel optimo durante a tempada, indo de menos a máis, e mellor ca moitos outros aos que se lles esperaba un rendemento infinitamente superior ao que deron, pois houbo varios caos, penosos, e Lara sendo un rapáz canteirán sevillista, fíxoo mellor ca outros que viñan do fútbol profesional.
“O noso desexo de éxitos no futuro a este xogador, que se lle segue metendo gañas pode chegar lonxe…Moita Sorte!!!”.
Lucho García preto de irse o SD Ponferradina
O meta colombiano Lucho García, que foi unha das poucas cousas boas da pasada tempada, está moi preto de irse a SD Ponferradina, cunha clausula de un tanto por cento para o RC Deportivo, en caso dunha venda futura, segundo informa a web deportivista, Riazor.org.
O meta colombiano colleu a porta na xornada 13, en detrimento de Carlos Abad, e xa non a soltou ata o derradeiro encontro no que non había nada en xogo. Lucho xogou 12 encontros e encaixou tan só 4 goles.
“O noso desexo de éxitos no futuro a este xogador, que se lle segue metendo gañas de seguro que vai a chegar lonxe…Moita Sorte!!!..e que algún día volva a defender a porta deportivista”.
-Fotos : Jose Lara/RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia