LAMBENDO A VIQUEIRA : “TELEGRAPH ROAD, A BARCA E O PIRATA”…POR RUBÉN GARCÍA

 

Telegraph Road, A Barca e O Pirata

En Telegraph Road, Mark Knopfler canta como un home constrúe a súa casa nun bosque despois de camiñar 30 millas cunha mochila ás costas. Outros peregrinos pasaron por ese monte e, prendidos, non regresaron ás súas vilas. Primeiro foi unha soa casa e despois chegaron as igrexas, as escolas, as leis, as minas e o mineral. Houbo tempos difíciles, incluso unha guerra, e o telégrafo cantou unha canción sobre o mundo exterior. Desde que no Dépor non hai un líder, ese que arrisca a poñer a primeira e os demais o seguen, o club da bandazos: de adestradores (no primeiro equipo e na canteira), de xogadores, de directores deportivos… E de presidentes.

O Albacete xogou a fase de ascenso a pasada tempada, pero é o Albacete, non o Mallorca, nin o Osasuna, nin o Málaga, nin o Cádiz. E Riazor é Riazor, non Son Moix, nin Los Pajaritos, nin O Alcaraz. E esfumáronse os dous primeiros puntos. Na xornada 4 non serve o desánimo, nin beber para olvidar porque só “cuando se ha rajado la ilusión, me emborracho con whisky barato a ver si me escuece el corazón”. Hai moito que corrixir e mellorar pero, afortunadamente, o siareiro do Dépor é o mellor de Segunda División e nunca perde a ilusión. Por iso non permitirá que o equipo se deixe ir.

Xa non é cuestión de análise futbolística, o Dépor non está ben: animicamente, defensivamente, de cara a gol. A dinámica é mala e, aínda menos mal, a xenialidade de Christian Santos contra o Oviedo. É o culpable Anquela? É Carmelo por esperar a facer cinco incorporacións o último día do mercado de fichaxes? Son os xogadores por non estar máis acertados nas tres últimas xornadas? Menos mal que o tempo cúrao todo e esta semana chegou aire fresco. O luns, feliz cumpreanos, Pirata! Esta fin de semana, a Romaría de Barca! E o domingo, a intentar construir os primeiros postes telegráficos no Molinón.
O mellor que vais escoitar hoxe (do segundo 3:00 ao 4:10): https://www.youtube.com/watch?v=Q1Wp2ASqyxI

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es