LAMBENDO A VIQUEIRA : “HABERÁ QUE GAÑAR OS ENCONTROS SÓ CON ORGULLO”-Por : Rubén García

 

Aquí tes unha nova entrega do noso “Lambendo a viqueira”, artigo de opinión e análese do derradeiro encontro oficial do Depor, neste caso a vitoria inexculpable ante o Huesca no “Alcoráz” por 3-1, dende o prisma de Rubén García o noso experto en análise deportiva.

 

Haberá que gañar os partidos só con orgullo e balóns divididos.

O Dépor non estivo ao nivel. Os 20 minutos de desconexión en Riazor na primeira xornada, nos que o Oviedo neutralizou un 2-0 a favor dos branquiazuis, trasladáronse ao Alcoraz. O equipo de Anquela volveu amosar moitas dúbidas defensivamente permitindo ao Huesca xogar a pracer en moitas fases do partido.

Por lembrar os goles, o 1-0 do Huesca, no minuto 26, naceu dun mal despexe de Gaku (do melloriño no primeiro partido) ás costas de Luis Ruiz. O balón caeulle a Escriche dentro da área, pase da morte e gol de Eugeni, que partiu sen marcaxe desde a frontal. 

O propio Shibasaki volveu pecar de falta de contundencia no 2-0, ao saír perdedor dun balón dividido con Mikel Rico. Sen deixar caer o coiro, Raba conectou unha volea espectacular difícil de atallar para Dani Giménez. 

O 3-0 foi outro erro imperdoable. Pase de Somma (irrecoñecible) sobre Borja Valle en saída de balón, anticipación de Pulido (central do Huesca) case no último cuarto de campo e contraataque co Dépor totalmente descomposto. O esférico foi de Eugeni para Mikel Rico na zona de Luis Ruiz e de aí ao punto de penalti para que Pulido, que iniciara a contra cunha anticipación, mandase o coiro ás mallas.

O conxunto de Anquela presionou con máis imprecisión que orde nalgunha fase do partido pero non foi suficiente para estar á altura do Huesca. Só Christian Santos, cun zurdazo raso e cruzado, deu a nota positiva no Dépor. En 20 minutos no campo marcou dous goles nas dúas primeira xornadas. 

En rolda de prensa, Anquela falou de que “defensivamente el equipo ha estado muy mal”, “los goles son pérdidas de balón relativamente cómodas”, “cuando un equipo no gana los balones divididos ni las segundas jugadas es imposible ganar un partido en Segunda” para culminar cun “nos lo tenemos que hacer mirar y darnos cuenta de qué terreno estamos pisando”. En definitiva, para o adestrador branquiazul, ao Dépor faltoulle intensidade e competitividade. En case dez minutos de comparecencia, só se referiu ao xogo cando dixo que “hemos intentado apretar y en algunas fases lo hemos hecho bien”. E xa ves ti… Haberá que gañar os partidos só con orgullo e con balóns divididos.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es