LALIGA DE TEBAS SEGUE FACENDO O RIDÍCULO E RECURRE A DECISIÓN DO “CASO BERGANTIÑOS”

 

Adulteraron o final da liga, incumpliron os mandatos sanitarios poñendo en risco a poboación, amañaron tódolos ditamens en contra do Fuenlabrada, que por numerosas neglixencias tiña que estar descendido e duramente sancionado, incumpliron tódolos ordeamentos económicos habidos e por haber, para ascender o Fuenlabrada, amosaron partidismo con intereses económicos e familiares en favor do equipo madrileño, tumbaron as propostas do xuiz instructor e da RFEF, saíronse ca sua nas conversas sobre unha liga de 24 cun mediador con intereses na liga co seu fillo traballando nela, que ven de ser ascendido a Xestor de proxectos da Liga, e no medio de iso, por un audio con sorna sobre o paripé que foi o Depor-Fuenlabrada, quese tivo que xogar a forza co equipo deportivista xa de vacacións, e agora para rizar o rizo e aumentar o ridículo mundial no que convertiron o fútbol español, recurren a decisión do xulgado de sobreseer o caso do audio de Bergantiños e persoanse na causa contra o capitán deportivista.

Unha manobra máis do peixe que está na caixa e loita desesperadamente por escapar dunha morte segura. Unha manobra para buscar desviar a atención e meterse co RC Deportivo e o deportivismo. E de tratar de que non se fale das numerosas noticias de fraudes, amiguismos, e corrupción na que está envolta a LFP.

Cada día que pasa o final de Tebas, (que amosa ter o Síndrome de Amok con todo aquel que non lle rende pleitesía), e o seu clan, está máis preto. O xenocidista Adolf Hitler tivo a decencia de sacarse él mesmo do medio.

-Texto : piratasdemuxia.es

-Foto : RC Deportivo