LADY ANDRADE, XOGADORA INTERNACIONAL DE ALTO NIVEL PARA O DEPORTIVO ABANCA.

 

Lady Patricia Andrade Rodríguez (Bogotá, Colombia, 10 de xaneiro de 1994) converteuse hoxe na sexta incorporación do Dépor ABANCA para a Temporada 2020-2021.

Andrade, que pode actuar en calquera das posicións da fronte de ataque, conta con experiencia na Primera Iberdrola, pois en 2013 militou no Sporting Huelva, onde chegou após formarse no Inter de Bogotá e o CD Formas Íntimas do seu país natal.

Desde o seu paso por España, Andrade xogou nalgúns dos campionatos máis importantes do mundo, como o finlandés, co PK-35 Vantaa; o estadounidense, co Western New York Flash; ou o italiano, co AC Milan, co que o curso pasado logrou a terceira posición da Serie A trala Juventus e a Fiorentina. Tamén tivo un breve paso por Turquía, nas filas do Antalyaspor, antes de regresar ao seu país, onde xogou primeiro no Independente de Santa Fe, co que se proclamou campioa de Liga en 2017, e despois no Atlético Nacional.

A traxectoria internacional de Andrade é envexable. Coa selección colombiana absoluta disputou dous Mundiais, Alemaña 2011 e Canadá 2015. No segundo marcou un dos goles na vitoria ‘cafetera’ fronte a Francia, choque no que foi distinguida co premio á mellor xogadora do partido. Tamén formou parte do equipo colombiano que participou nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 e logrou a medalla de ouro nos Xogos Panamericanos o pasado ano.

En categorías inferiores, Andrade logrou o título de campioa da Copa América Sub-17 en 2008, con só 14 anos. No Mundial Sub-20 de 2010, con 16 anos, axudou a Colombia a alcanzar as semifinais e a cuarta posición, no que foi a mellor actuación de calquera selección do seu país nunha competición a nivel universal.

Ademais, tamén defendeu a camiseta de Colombia en fútbol sala, disciplina na que se proclamou campioa da Copa América de 2015 nun torneo no que, ademais, foi elixida mellor xogadora.

A fichaxe de Andrade únese aos de Stephannie Blanco, Noelia Bermúdez, Helena Torres, Ainoa Campo e Kenni Thompson, ademais das renovacións de Sullastres, Peke, Athenea, Cris, Alba Merino, Noelia Villegas, Carlota Sánchez, Sara Álvarez e Patri López.

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies