“LA LIGA”, ARREMETE DE NOVO CONTRA ÁLEX BERGANTIÑOS RECURRINDO O CASO DO AUDIO.

 

“La Liga” de Javier Tebas arremete de novo contra o capitán do Depor, Álex Bergantiños, e recurre a decisión da fiscalía do sobreseemento do caso do audio persoal e en plan de mofa sobre o paripé do encontro ante o Fuenlabrada do fillo do presidente do ente futbolístico español.

Con toda probabilidade sexa un acto para desviar outras cousas e habida conta de que Tebas está imputado de mil e una cousas de prevaricacións, axudas interesadas, etc, pero segue a irse de “rositas”. Ademáis Bergantiños ten denucuiado o caso da sua detención en plena rúa, por se foi ilegal.

Agora será a Audiencia Provincial da Coruña a que deba decidir se poñe fin o caso ou o reabre, despois de que cando foi sobreseido os xuices apuntaron que : “Entender dese partido que puido haber un amaño, máis parece dunha novela ou película de ficción que dun procedemento xudicial”, segundo apunta un escrito da Agencia EFE, no que se da conta da denuncia de “La Liga”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia