“La Kuadrilla” fixo a histórica baixada do Nervíón por todo o alto para celebrar o ascenso a 1ª División”

Xa volo contamos polo miúdo fai unhas semanas, a Peña Deportivista “La Kuadrilla” con sede no bar “El Gordo”, na rúa Pozas, que é a zona de bares por excelencia de Bilbao. Unha peña que naceu tras un Sestao-Depor por medio dos galegos afincados en terras vascas, e que hoxe en día conta con moitos deportivistas nativos das vascongadas.

A representación da Costa da Morte está no vimiancés Javier Martínez “Bonano”, moi coñecido na zona polo seu paso en varios equipos das ligas costeiras na demarcación de porteiro, que nos contaba sobre a baixada do Nervión desde Bilbao a Getxo emulando a gabarra de celebracións do Atlhetic Club, que . “A experiencia brutal a verdade, dúas horas que se nos fixeron moi cortas, a verdade é que casi nin nas previsións máis optimistas pensabamos que iba salir tan ben”, e xa están pensando que de repetirse algunha celebración, “ten que ser o dobre”.

O final foron dous os barcos de pasaxe da ría engalanados cas cores branquiazuis a festa foi rachada, animada por gaiteiros e con colabroación de Estrella Galicia.

As previsións racharon

“Contabamos con ter metade dunha gabarra e xa nos daríamos cun canto nos dentes, pero enchiuse a primeira e xa había máis xente en espera pa segunda e o final levamos as duas cheas”, dinos Bonano que ademáis puntualiza o bo ambente, “A xente portouse de maravilla, veu xente da Coruña, de Burgos e de todas as partes de Euskadi”.

Trala festa a esgalla acompañada de cánticos deportivistas a festa continuou en tarre no bar da sede da peña ata altas horas da madrugada, “unha celebración como tiña que ser”, dinos Javi “Bonano”.

Bilbao, San Sebastian e Pamplona no punto de mira

Ben e certa que para os deportivistas que somos do noroeste a 1º División conleva con ela desprazamentos moi longos, pero non así para os de terras vascas, os amigos de “La Kuadrilla”, xa teñen no punto de mira os encontros no San Mamed, Anoeta e El Sadar.

Podería pensarse que ao mellor a afección bilbaina non lles gustará esta emulación en versión pequena das suas celebracións, pero esta afección amiga tal e como nos conta o vimiancés, “a xente do Athletic aquí moi respetuosa, o final gustoulles que fixésemos algo como eles, de tradición”.

-Fotos e vídeo : Javier “Bonano”

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”