L.G.F. 2ª DIVISION FEMENINA GRUPO B, (7ª Xda) : IMPORTANTES VITORIAS DO BERGANTIÑOS FC E O UD CERQUEDA”.

L.G.F. 2ª DIVISION FEMENINA

1º FASE – LGF 2º DIV. GRUPO B

Partidazo o vivido no campo da Grela antre Victoria e Bergan.

 

Vitoria CF 1-2 Bergantiños FC

Partido correspondente á xornada 7 da segunda división feminina que enfrontou ao
Vitoria CF e ao Bergantiños FC no campo da Grela 1 #ante un centenar de espectadores.

O partido tivo dous partes moi distintas e diferenciadas.
Nun primeiro tempo, o Bergantiños dominou a base de oficio e pegada. Oficio xa que
soubo entender o que o partido pedía, con presión alta e balóns diagonais ás costas,
e así o Bergan chegaba con boas accións. De feito nunha desas accións, Yaiza
conectaba con Cruz e esta non fallaba #ante Paola e no minuto 11 subía o 0-1 ao
marcador. Transcorrían os minutos e a tónica marcada desde un inicio do encontro
seguía sendo a mesma: partido disputado no medio, aínda que o Bergantiños conseguía
poñer en máis aprietos a Paola con algunha chegada á área, e o Vitoria non concretaba nin chegaba á área de Andrea con perigo.

Corría o minuto 34 e de novo Cruz, tras un gran pase de Lore volvía plantar soa
diante de Paola, e non fallaba poñendo o 0-2 no marcador, resultado co que se chegaba
ao descanso. Podemos destacar algunha acción de perigo previa ao tempo de descanso
de Alba, Noe, Cruz … pero non definían o suficiente.

Tras o paso por vestiarios o partido daría un xiro de 180°: o dominio do Bergantiños
pasaría a mans do Vitoria CF que na segunda metade fíxose co tempo e o ritmo
do partido. No minuto 69, Alexia tras unha xogada batía a Andrea e subía o 1-2 ao marcador, resultado co que se chegaría ata o final do encontro.
Tras o gol do Vitoria, o nerviosismo instaurouse no equipo rojillo pero non se movería
o marcador. Nesta segunda metade, o Bergantiños defendería ben e o Vitoria non foi
quen de achegarse con perigo á área do Bergan.

Partidazo o vivido no campo da Grela, como era de esperar pois no terreo de xogo
enfrontábanse dous grandes equipos. Esta vitoria sérvelle ao equipo de Carballo para seguir liderando na clasificación a falta
de tres xornadas.

A próxima xornada o Bergantiños visitará ao Xuventude de Crendes, un rival sempre
incómodo e complicado.

UD Cerqueda 4-0 SD Órdenes

Partido plácido para as rapazas cerquedenses que deixaron practicamente solventado o choque antes da media hora de xogo. Eva aos 3 minutos facía o primeiro e Paula facía dobrete con goles no 21 e 29. Xa na segunda metade co encontro controlado, Paula completaba un “Hat-Trick” no minuto 70, para sumar a segunda vitoria deste ano de debút do equipo no fútbol feminino.

-Foto : Bergantiños FC

-Texto : Bergantiños FC/piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies