L.G.F. 2ª DIVISION FEMENINA 1º FASE-GRUPO C : “VITORIA AXUSTADA DO LIDER UC CEE ANTE O ED OS MIÚDOS, (2-1) NO DERBI DA COSTA”.

L.G.F. 2ª DIVISION FEMENINA

1º FASE – LGF 2º DIV. GRUPO C

 

UC Cee 2-1 ED Os Miúdos

Encontro moi disputado o que se viveu no “Sampaio de Refoxos” no derbi da costa antre as rapazas ceenses e as muradanas. A falla de efectivos non foi disculpa para as sureñas, que chegaban ao campo ceense con tan só 12 xogadoras, pero non lle perderon a cara o encontro ante as líderes da competición e mantiveron a incertidume ata o pitido final, ante o curto do resultado, (2-1). Adiantábanse as da Vila da Xunqueira aos 41 minutos de xogo por medio de Saray, que repetía 2 minutos despois. Todo un xarro de auga para as “miúdas”, que aguantaron as embestidas das locais e coinseguían acurtar distanza a hora de xogo por medio de Ainoa. Un gol que facía presaxiar calquer resultado, ainda que o encontro foi cáseque sempre das rapazas locais, pero as sureñas nunca apaentaron ser as colistas da clasificación.

 

Goles : 1-0, Saray, (41´); 2-0, Saray, (43´); 2-1, Ainoa, (60´).

No outro encontro do grupo, o Vitoria FC “C” derrotaba por 1-4 ao Pastoriza “B” . O CF Noia descansaba polo que o UC Cee aumanta a sua ventaxe co segundo posto que ocupan as noiesas a 8 puntos e un encontro máis.  O ED Os Miúdos continua como “pechacancelas” cun só punto.

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies