Onte Fernando Soriano anunciou que Kuki Zalara tiña día libre co permiso do clube, e todo apuntaba a que a sua cantada saida sería inminente, e todo amplificado con que non foi convocado para o primeiro encontro de liga e a varios nomes que sonan para o seu posto. Dende a prensa cordobesa apuntaban que a chegada do xogador ao Córdoba CF era inminente.
Kuki que chegou a pasadacampaña o Depor xogou 25 encontros ca branquiazul e marcou un gol. Pasou polas filas do noso clube con máis pena que groria e apuntado pola afección dende os seus primeiros encontros dado o baixo rendemento que deu, facendo un bo encontro e redimíndose pasadas as xornadas, pero sen ser capáz de dar un golpe enriba da mesa.
A sua saida deixa unha ficha senior libre. Sonan, Tomas Pina. Hugo Rama e o veterán, pouco desexado polo deportivismo, Salva Sevilla, por unhas verbas suas cando o Mallorca deixou sen ascenso o Depor, e que foron do máis normais, pois defendía as cores do equipo mallorquín.
Por outra banda o que parece que será anunciado en breve é o xogador do Rayo Vallecano, Pablo Muñóz. Xove mediapunta de 19 anos, que chegaría fichado pero cunha opción de compra dos vallecanos. Neste caso ocuparía ficha Sub 23.
O noso desexo de que todo lle vaia ben a Zalazar, agás se ficha por un equipo que xogue fronte a nós.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”